UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

22 may 2022

ESTRELA DA SEMANA :NECTARINA OU PAVIA

 



Nectarina ou pavía, é unha froita de tempada na primavera e verán que podemos gozar desde abril ata outubro.As nectarinas achegan 40  kcal por cada 100 gramos. De cada 100 gramos de nectarina, 87  g son auga, 9  g son de  hidratos de carbono, 1.5  g son de proteína vexetal, o contido en graxa é practicamente nulo e o de fibra é de algo máis de 2 gramos.

As nectarinas son fonte de minerais como o  potasio, fósforo,  magnesio, calcio, sodio, ferro, zinc, iodo e  selenio. Esta froita tamén é fonte de vitaminas como a vitamina  C,  B6,  B3,  B2,  B1 e  carotenos.

Beneficios do seu consumo:

-Para a  hipertensión

-Para mellorar as dixestións

-Para o  estreñimento

-Para coidar a vista, a pel e o cabelo

-Para o sistema cardiovascular

-Como antioxidante

-Para o sistema nervioso e muscular



No hay comentarios:

Publicar un comentario