UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

22 dic 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA :JOSUÉ E GAEL


 

INTERCAMBIO DE POSTAIS CO CPI DO TOURAL, DOS NENOS E NENAS DE 1º.

 Esta semana os  "Gatiños dormilóns" de primeiro, iniciamos un proxecto de intercambio de correspondencia co noso veciño CPI do Toural.

Recibimos unha caixa moi especial, onde os nenos e nenas enviaron debuxos e tamén un xogo de pistas para adiviñar que era quen.

Aproveitamos para buscar en google maps onde está o centro, e a distancia tanto en coche como andando.

Tamén contamos nas táboas do cen, cantos somos en Riomaior e cantos no Toural.

Esperamos que eles e elas reciban pronto as nosas cartas.


MOTOCROSS: DANIEL E LEO DÍAZ

 Os irmáns Daniel , de 6º e Leo de 4º, ambos os super afeccionados ao motocrós, fixeron unha gran demostración, das súas habilidades encima dunha moto.

Grazas mozos por facer participes a todos os vosos compañeiros da vosa afección.

21 dic 2023

OBRADOIRO NADAL 5º E 6º

 Os titores de 5º e 6º convocaron aos pais para realizar un obradoiro de Nadal cos seus fillos , o cal tivo un gran éxito de participación.

Cun simple calcetín, arroz ou uns poucos complementos , realizaron uns impresionantes bonecos de neve.

Unha gran actividade¡¡¡¡

18 dic 2023

17 dic 2023

OBRADOIRO DE GALLETAS DE JENGIBRE

 



Yolanda,  nai de Xiana de 2º, realizou un obradoiro de cociña para os nenos e nenas deste curso, de galletas de jengibre. Que boas estaban!!!

HORTO: SEMBRAMOS ALLOS E CHÍCHAROS

 Os alumnos e alumnas de 3º e 6º , esta semana , sembraron allos e chícharos no horto. Esperamos ter unha boa cosecha.

15 dic 2023

CREAMOS GALEGO: NADAL.

 Unha das actividades propostas polos equipos de biblioteca e de dinamización lingua galega, para o taboleiro de "Creamos Galego", é escribir por cursos vocabulario en galego relacionados co Nadal.

1º- Agasallos.

2º-Comidas.

3º-Lendas.

4º-Does de Nadal.

5º-Refráns.

6º-Tradicións.


6 dic 2023

3 DE DECEMBRO DÌA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 O día 3 de decembro conmemorase o día das persoas con discapacidade, Lara a mestra de Educación Físca , propuxo ao alumnado unha serie de xogos.

Tamén se propuxo a visualización de cortos, para traballar na aula, para ser consciente  dunha realidade que afecta a moitas persoas.






1 dic 2023

CHARLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.





 O alumnado de 6º foi participe dunha charla sobre as adicións dirixida pola "Asociación Érguete".











OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS



 Esta semana tivo lugar no colexio un obradoiro de primeiros auxilios , para todos os nenos e nenas de primeiro a sexto, impartido por alumn@s da "Escola de enfermería de Vigo.


30 nov 2023

26 nov 2023

THANKSGIVING 2023

 O Día de Acción de Grazas, tamén coñecido como Thanksgiving Day, é unha celebración de orixe cristiá que principalmente se celebra en Estados Unidos o cuarto xoves do mes de novembro. É recoñecida como festividade e celébrase para dar grazas por todo o recibido durante todo o ano. A comida non falta, sendo o pavo prato principal.


MERGÚLLATE NA LECTURA


 

24 nov 2023

CANCIÓN"QUE NADIE" DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 

MURAL 25-N : DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. Cada ano o colexio se tinta de morado  e realízanse actividades de concienciación co fin de reivindicar a súa loita. Este ano traballamos tres contos:

-DANIELA PIRATA.

YO VOY CONMIGO.

-CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO.


23 nov 2023

ENTREGA DAS CAMISETAS

 Hoxe tivo lugar a entrega de camisetas das cinco casas de "Xirarei polo Morraso".


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25N .

 Como todos os cursos o equipo da biblioteca e o de dinamización fai unha selección de lecturas, para a conmemoración do "Día  Internacional da eliminación da Violencia contra a muller". 

Estes libros e moitos máis podedes atopalos na biblioteca.

MERGÚLLATE NA LECTURA: CARLA CAL 3º.




13 nov 2023

REVITALIZA 5º E 6º .; INTRUSOS NO COMPOSTEIRO.




Hoxe os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron de detectives científicos e estiveron buscando intrusos no composteiro. Pero ... que é iso de intrusos dentro do composteiro? Pois tiveron que buscar residuos impropios, que non deben estar presentes dentro do composteiro. Deducir a súa orixe, a composición e os efectos sobre o medio. Principalmente buscaron microplásticos e agora xa saben cal é o seu impacto ambiental.


9 nov 2023

OBRADOIRO DE MASAXE E PAPIROFLEXIA

 HOXE RUTH , A NAI DE ISAAC E JOSUÉ, VISÍTONOS.  FÍXOLLE AOS NENOS E NENAS  DE CUARTO UN OBRADOIRO DE MASAXES E PAPIROFLEXIA .

PASÁRONO MOI BEN E APRENDERON MOITAS COUSAS.

GRAZAS RUTH. E ESPERAMOS QUE VEÑAS MÁS VECES ESPERÁMOSTE.

MERGÚLLATE NA LECTURA: ALBA DE 3º


 

REVITALIZA PARA 2º, 3º E 4º :QUEN VIVE AHÍ?

Quen vive ahí? é unha das actividades de maior éxito do programa Revitaliza, que consiste en descubrir a gran cantidade de vida que agocha un composteiro. Esta actividade foi programada para os cursos de 2º, 3º e 4º



8 nov 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA : LEIRE 3º


 

REVITALIZA 1º : A TRIBU DOS ECOBECHOS


 Hoxe aprendimos que para que medren as plantas precisan compost.E que, para facelo, hai un montón de bichiños que axudan a que os restos orgánicos se transforman en " terra máxica". Esta é unha actividade da Deputación de Pontevedra.

Pásamolo moi ben.


27 oct 2023

SAMAWEEN: DECORACIÓN DO COLEXIO.

 Todos os nenos e nenas participaron na decoración das portas e os corredores para ambientar  todo o colexio.

SAMAWEEN: CABAZAS

 Como todos os anos, celebramos o Samaween, comenzamos  pola decoración de cabazas. Grazas familias pola vosa colaboración. 

23 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: VISITA DE ANXO FARIÑA.

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, unha conmemoración impulsad pola Asociación de Amigos del Libro Infantís e Xuvenil, á que se foron sumando, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

Para conmemorar este día veu ao colexio Anxo Fariña, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galeo.Autor dos Megatoxos, libros que forman parte do noso proxecto "Xirarei polo Morraso"



21 oct 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA:MIGUEL E JOSUÉ

 

Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais. 

19 oct 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA: ARIA, LEIRE E ALBA


Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…

16 oct 2023

15 oct 2023

MERGÚLLTE NA LECTURA: ALBA-LEIRE E ARIA DE 3º


 Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.



ESCUDOS DAS CASAS DO PROXECTO "XIRAREI POLO MORRASO"

 

9 oct 2023

CHARLA SOBRE A AXENCIA TRIBUTARIA PARA ALUMNADO DE 5º E 6º

 


Hoxe tivo lugar par o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla da  Axencia Tributaria sobre a quen e a que van dirixidos  os cartos públicos.




 

7 oct 2023

VISITA DOS ALCALDES DO MORRAZO

Hoxe 6 de outubro, visitáronnos os alcaldes da comarca do Morrazo:
-Don César Poza, de Vilaboa.
-Don Félix Juncal, de Bueu.
-Dona María Gamallo, de Marín.
- Dona Leticia Santos, de Moaña. 
-Dona Araceli Gestido, de Cangas

O fin desta visita foi presentarlle o noso proxecto "Xirarei polo Morraso". O alumnado fixéronlles preguntas a cada un e eles achegaron ideas para realizar no noso proxecto.

Todos os alcaldes foron entrevistados na radio escolar polo noso alumnado.







5 oct 2023

5 DE OUTUBRO: APERTURA DA BIBLIOTECA CON RAQUEL QUEIZÁS.

 Hoxe abrimos a biblioteca para que todos podamos gozar dela. Para iso tivemos a actuación da contadora de historias Raquel Queizás. ca representación de " Cinema de historias da man de  Alice Guy" a primeira persoa en contar unha historia de ficción no cine.

O noso agradecemento ao concello de Vilaboa, e especialmente ao alcalde  César Poza, por colaborar sempre co colexio, para que os nenos e nenas de Riomaior gozen cos contadores de historias.