UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

21 dic 2019

NADAL


 














Coma todos os anos a visita de Papa Noel é a mais esperada por todo o alumnado do colexio. Regaloulles un libro a cada un dos nenos e nenas.







Bendi contou o conto "Stick man"na biblioteca.



COMEZA O FESTIVAL

-ACTUACIÓN DE 2º OBRA DE TEATRO "CLINICA DE CONTOS"



-Actuación de 1º: canción: "ARBOLITO DE NAVIDAD"








-ACTUACIÓN DE 3º: "MINI CORAZÓN"




ACTUACIÓN DE 4º: "DE ELLOS APRENDÍ" DE DAVID REES




-ACTUACIÓN DE 5º :"IGUAL QUE TÚ" DE ANTONIO OROZCO Y PABLO LÓPEZ




-ACTUACIÓN DE 6º: "OS  TEUS SOÑOS" DE FUNABULISTA



CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL






AS POSTAIS GAÑADORAS FORON :  AINARA FEJOO DE 5º  E IRIS CORREDOIRA DE 6º







RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL





CONTOS DE NADAL



18 dic 2019

CONTOS DE NADAL





HOMENAXE A LUIS POCEIRO

O pasado martes 17 de decembro a comunidade educativa do CEP Plurilingüe Riomaior rendeulle unha homenaxe a D. Luis Poceiro,  ex alcalde de Vilaboa tras a súa xubilación. Como agradecemento a toda a sua axuda e colaboración co centro  durante os anos de servizo  na alcaldia.
A directora Mº Carmen Negro, no nome de todos/as entregoulle un Buli , símbolo deste colexio.



16 dic 2019

¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!


O xoves a biblioteca proxectamos o audio conto a odos os nenos e nenas  ¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!. Despois propuxémoslles que viñeran ao día seguinte coas uñas pintadas.A resposta foi fabulosa e moi divertida.

























15 dic 2019

CUMBRE DEL CLIMA




La Cumbre do Clima que se celebra en Madrid do 2 ao 13 de decembro, e que se denomina COP25, é o foro político máis importante a nivel internacional para facer fronte á emerxencia climática, unha das maiores ameazas ás que se enfronta o planeta Terra. 
Buli propúxolle aos nenos e nenas que investigasen a través dos xornais , a televisión en internet, sobre esta cumbre. Preguntas como que é, como ,cando,
cal é o obxectivo, quen participa...







ECOGALEGADOS




O equipo de Biblioteca e de EDLG propuxeron para o mural de ECOGALEGADOS, e xa que se acerca o Nadal, receitas saudables e de aproveitamento para comer san e evitar o desperdicio de alimentos.
Nas receitas empregaremos ingredientes naturais, e usaremos productos das nosas hortas, do noso campo e recuperaremos tradicións culinarias do noso Nadal.





12 dic 2019

PROXECTO "O SISTEMA SOLAR" 3º DE PRIMARIA



Os alumnos de 3º fixemos maquetas do Sistema Solar e expuxémolos na biblioteca. Aprendemos moitísimas cousas sobre o Universo e quedaron moi bonitas.
Grazas aos nosos pais/nais por colaborar con nós.

CONTOS DE NADAL





XORNADA DO DEPORTE ESCOLAR

O mércores 11 de decembro, o alumnado de 5º tivo a sorte de poder participar nunha xornada de Deporte Escolar.
Nesta ocasión recibimos aos alumnos/as de 6º do CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén. Nesta xornada practicamos diferentes deportes: baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol e rematamos cun multitudinario partido de brilé, no que incluso os profes nos animamos a participar.
Foi unha mañá moi divertida, onde os nosos nenos e nenas, ademais de realizar actividade física, poideron facer novos amigos e amigas. 

FAI CLIC NA IMAXE PARA VER MÁIS

6 dic 2019

CONTOS DE NADAL





SAÍDA DE 1º E 2º A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º e 2º  foron o xoves a Pontevedra a ver o espectáculo musical "A nena e o grilo máis alá"de Magín Blanco, onde os protagonistas vense inmersos nun fantático mundo tenebroso e musical, onde sempre reina a positividade e as aventuras cun toque humorístico.
Despois do teatro musical, merendamos no parque da Alameda e a continuación fomos facendo un percorrido polas rúas da cidade, vendo algunhas das súas fontes de ferro. Por último visitamos o mercado municipal, onde puidemos observar aos comerciantes que nos ensinaron os productos que vendían. Todos foron moi atentos e amables con nós e pasámolo de marabilla!!!



                                                     


                                                     FAI CLIC PARA VER MAIS FOTOS

4 dic 2019

CHARLA SOBRE AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe tivo lugar unha charla para pais e nenos e nenas de 5º e 6º sobre o uso das novas tecnoloxías e os perigros de internet. Un componente da Garda Civil foi o encargado de dar dita formación na que o alumnado fixo unha gran cantidade de preguntas e aprendeu un pouco máis sobre as redes sociais e o seo manexo.







2 dic 2019

Visita MUPEGA e concurso "Tíralle da Lingua"

O xoves 28 de novembro, o alumnado de sexto tivo a sorte de ir de visita á cidade de Santiago de Compostela.

A primeira parada que fixeron foi a visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), onde puideron comprobar de primeira man como era o día a día nun instituto de comezos do século. Fixérono a través dunha exposición temporal sobre os institutos históricos que hai na nosa comunidade. E nela viron os diferentes materiais que se empregaban daquela para explicar as diferentes materias.

Despois dun merecido descanso para merendar, dirixíronse ao Pazo de Congresos, para que dúas compañeiras puideran participar no concurso "Tíralle da Lingua". Cada unha delas tivo que contar unha historia en Galego diante de todos os asistentes, historias que foron creadas por elas mesmas. 

Non foron as campeoas do concurso pero fixérono xenial! 
Noraboa ás dúas pola vosa valentía e polo ben que o fixéchedes! 
E grazas tamén ao resto de compañeiros que as animaron en todo momento!

Fai clic na imaxe para ver máis

Como o fixeron tan ben, decidimos que o resto do cole non podía quedar sen desfrutar da súa actuación, asique ao día seguinte as dúas volveron a narrar as súas historias diante dos nenos e nenas do colexio. 
Aquí as tedes!