UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

29 abr 2019

EUROLIGA 3 VIGO 2019

O venres día 26 os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a sorte de ser espectadores de un partido de baloncesto en cadeira de rodas da fase final da Euroliga 3. Foi un gran espectáculo
no que primou a calidade e a capacidade de superación das persoas participantes.






28 abr 2019

VISITA AO MUSEO QUIÑONES DE LEÓN

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitaron o Museo Municipal "Quiñones de León"o cal posúe un total de 128 obras  de arte coas que se percorre as máis importantes escolas pictóricas europeas dos séculos XVI a XIX: italiana,
holandesa flamenga, francesa, alemá, española ou inglesa.A variedade temática inclúe todos os xéneros: paixase, retrato ou bodegón entre outros.
Tamén viaxaron pola prehistoria e a historia antiga, amosándonos como era a vida en Vigo e a súa contorna:como pescaban, que comerciaban, a que deuses adoraban e como enterraban os seus mortos. 









24 abr 2019

DÍA DO LIBRO 2019












Un curso máis conmemoramos o "DÍA DO LIBRO" compartindo lecturas. Buli propuxo un apadriñamento lector moi especial, os nenos e nenas de 4º,5º e 6º  collerán un libro na biblioteca para compartir cos seus afillados os alumnos/as de 1º, 2º e 3º.

EARTER

Easter is here! At Riomaior school we celebrated an Easter hunt. We all love it, This year we organised a hunt using famous pictures like the scream. The blue dancer, The last supper....
Children joined in multilevel groups and look for clues in the pictures. They needed to select letters  for a secret word. Parents joined us for playing  too. We finished tasting easter eggs . DELICIONS!!!!!!!


15 abr 2019

PROXECTO CREARTE SEGUNDO TRIMESTRE


Neste segundo trimestre dedicámolo a pintores españois, estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado sobre o proxecto da pintura que se está a traballar neste curso 2019-20.




A obra Autorretrato (1907); é unha das últimas que fixo Picasso. Forma parte do Período Rosa. Os tons avermellados dominan, escuros ou claros, nas distintas partes de cadro. No fondo da parte esquerda combina a cor rosada como base xunto con café e azul, dando o efecto de escuridade na parte inferior. Logo con tons vermellos e laranxas vaise aclarando a medida que se sobe. Os tons da cara levan un gris como base, que xunto cos vermellos, amarelos e laranxas forman o ton da pel. Nesta epoca, Picasso vai deixando de lado a perfección da forma para fixarse máis que nada no fundamental.
Os nenos de 4º fixeron a súa propia representación do cadro de Picasso.


Os alumnos e alumnas de 3º traballaron a Salvador Dalí.Para comenzar visionaron un video sobre a vida do pintor:







Os nenos e nenas pintaron a súa propia versión dun retrato do pintor e despois pegáronlle un bigote ao que lle deron unha forma divertida.




Os alumnos e alumnas de 5º dedicaron o trimestre a coñecer a Joaquín Sorolla.









Os nenos e nenas de 2º colorearon láminas do libro  "El sueño de Goya" Coa escusa dun soño preséntanos as súas obras máis significativas de cada época para mostrarnos un pouco a vida de Goya. O fío condutor é un dos personaxes de "a galiña cega" que se vai coando en cada páxina para cambiar cada cadro que se atopa. Imos ver se creamos algo de interese por parte dos nososnenos e nenas de quen era Goya e ensinámoslles os seus cadros máis importantes.

1 abr 2019

MARZO, MES DA PRENSA


Co motivo do " Mes da Prensa "a biblioteca programou unha serie de actividades para coñecer mellor un xornal, como se fai, o seu manexo, as súas seccións, mostras de prensa nacional, internacional deportiva..etc










Participamos no proxecto "Prensa Escuela " do xornal La voz de Galicia, como un elemento pedagóxico complementario, no proceso de aprendizaxe dos alumnos/as. Tódolos mércores recíbese a prensa no colexio e repartese nos cursos de 4º,5º e 6º.




Todos os anos elaboramos "O xornal de Buli" no que plasmamos noticias acontecidas no colexio durante todo o curso: saídas , conmemoracións , actividaades , proxectos.....




Os nenos e nenas de 4º traballaron as noticias dos xornales .Trouxeron novas da casa e as comentaron na clase.Entre todos chegaron a conclusión de que puntos ten que incluir unha nova, título, pé de foto e corpoda noticia. Despois fixeron duas actividades:
-A partir dunha imaxe inventaron unha noticia.
-Crear unha noticia e ilustrala.