UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 nov 2019

ECO- MISIÓN MES DE NOVEMBRO

 







A Eco- misión do mes de novembro consisteu na alimentación saudable, consumo de productos naturais, herbas aromáticas e remedios caseiros.









  





THANKSGIVING

O Día de Acción de Grazas,"Thanksgiving Day" en inglés, é unha importante celebración que se realiza anualmente en Estados Unidos e Canadá pero en diferentes datas. En chan estadounidense festéxase o cuarto xoves de novembro e en territorio canadense, o segundo luns de outubro.

No Día de Acción de Grazas, as familias e amigos reúnense e sentan xuntos nunha mesa para compartir un banquete que, xeralmente, consiste nun pavo asado acompañado de ensalada, arroz e salsas.

No colexio fíxose un pequeno acto para celebrar o "Día de acción de Grazas" 

Todos os nenos e nenas reuníronse na entrada do colexio, e despues de que Bendi dese unha explicación sobre o significado deste día,todos os cursos deron as grazas a todo aquilo que eles consideraron importante.

Os alumnos de 1º e 2º fixérono en castelán 3º e 4º en galego e 5º e 6º en inglés.

Foi un acto sinxelo e moi emotivo.




27 nov 2019

PLANETARIO

O programa cultural "Ruta Quetzal" creado polo xornalista e aventureiro Miguel da Cuadra Salcedo presenta un novo proxecto docente que nos introduce no apaixonante mundo da Astronomía.
No interior dun moderno planetario móbil, os alumnos realizan unha viaxe polo espazo e no tempo, que lles leva a descubrir o universo e as galaxias ou o movemento das estrelas, os planetas e os sátelites máis importantes que integran o noso Sistema Solar.
O planetario recrea con total precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da terra e a visión do Universo desde calquera lugar do espazo mostrando as posicións exactas dos elementos que o integran en calquera momento presente, pasado ou futuro.

 Fai clic na imaxe para ver máis
Fai clic na imaxe para ver máis.

25 nov 2019

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o "Dia da NON violencia de Xénero," Buli este ano preparou varias actividades na que todos participaremos.

- Imos poñer, nunha pinga de auga o nome dunha muller, en galego, castelán e inglés, co cal faremos un gran mural no corredor da biblioteca.

-Os cursos de 5º e 6º, coa mestra de música Montse, interpretarán dúas cancións: "Se ti queres" de Gustavo Almeida e "La bella y la bestia" de Porta.

-Todos visualizaremos o conto "Arturo y Clementina" no salón de actos.

-Charla da Garda Civil para os cursos de 5º e 6º sobre a prevención da "Violencia de Xénero".



















21 nov 2019

CONTOS NA BIBLIOTECA

DEREITOS DA INFANCIA







Todos os 20 de novembro conmemorase o "Día dos dereitos da infancia".
Se hai algo que teñen en común todos os nenos do mundo, sen excepción, son os seus dereitos. Nacesen onde nacesen, teñan a cor de pel que teñan e sexa cal for a súa condición económica ou sexual, todos os nenos do mundo teñen os mesmos dereitos.






16 nov 2019

VISITA DOS NENOS E NENAS DE POUSADA E BARCIELA

O xoves, día 14, visitáronnos os nenos e as nenas do CRA de Barciela e Pousada, acompañados dos seus pais e mestras, para coñecer o colexio e a nova biblioteca. Serán os futuros alumnos/as de primeiro para o vindeiro curso.
Buli regaloulle un conto e o carné da biblioteca para que poidan coller libros.

Iris e Estela, de 6º curso, contaron o conto de "Paco Papón" e Bendi, a auxiliar de conversa, "Have you seen elefant?".
Reencontráronse con antigos/as compañeiros/as e houbo momentos de gran alegría e emoción.

Para rematar disfrutaron do espazo maker, sendo quen de convertirse en persoaxes famosos e construir fantasías co material funxible. 


Foi unha xornada na que os nenos e nenas o pasaron moi ben.

14 nov 2019

VISITA IES CARLOS OROZA

O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder visitar as instalacións do IES Carlos Oroza, no que se imparten os ciclos formativos de hostalería. 
Foi unha mañá moi entretida, xa que comezamos cunha actividade, na que se pretendía fomentar o espírito emprendedor dos nenos e nenas. Tiñan que construír un casco protector para un ovo, empregando solo os materiais que alí lle proporcionaban. Para probar os seus deseños tiveron que tirar o ovo por unhas escaleiras, e sorprendentemente algún ovo sobreviviu.
Despois fixéronnos unha visita guiada polas instalacións: entramos nas cociñas, vimos as diferentes aulas de estudo e tamén outras nas que facían actividades prácticas de lavandería e hospedaxe por exemplo.
Pero antes de marchar, puidemos gozar dun cocktail de luxo no cal fomos atendidos polos propios alumnos e alumnas do centro. Estaba todo boísimo!
Para que poidades comprobar o ben que o pasamos, a continuación deixámosvos unhas fotos desta xornada.


 Fai clic na imaxe para ver máis
Fai clic na imaxe para ver máis.

13 nov 2019

CONTOS NA BIBLIOTECA





REVITALIZA

A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sustentable e formalos no respecto polo medio. Hoxe tiveron a charla o alumnado de 3º e 4º.



8 nov 2019

ECOGALEGADOS

O equipo da biblioteca e o de EDLG, propuxolle ao alumnado coñecer o mundo das plantas e a súa utilidade, plantas aromáticas, medicinais e remedios caseiros feitos con plantas. Os traballos escritos en galego, foron expostos no mural de ECOGALEGADOS.

ECO- MISIÓN MES DE OUTUBRO





7 nov 2019

SAÍDA AFUNDACIÓN

Os cursos 3º e 4º, foron a ver a representación de un espectáculo de danza, GAIA, baseado na preocupación sobre o estado actual do clima e da terra en xeral.


   




CHARLA AGENCIA TRIBUTARIA




O mércores, día 6 de novembro, para os cursos 5º e 6º, dentro do programa "Cívico Tributario", tivo lugar unha charla sobre as recaudacións tributarias, tipos de impostos, a que van destinados ...
Moi ben transmitida e explicada ao alumnado que estivo moi participativo.

1 nov 2019

ERASMUS+ DA PROFE RAQUEL

A profe Raquel, xunto con catro mestres de outros coles da contorna de Pontevedra, ven de facer un curso para perfeccionar o seu inglés, que se levou a cabo na illa de Malta. Isto foi Posible grazas ao CFR de Pontevedra a través do seu Programa Erasmus+.
Para máis información deixovos un enlace: Curso Erasmus+



XORNADAS DE RUGBY

O luns 28 de outubro, as nosas alumnas e alumnos tiveron a sorte de recibir a tres expertos do mundo do Rugby, procedentes do Pontevedra Rugby Club. Os nenos e nenas poideron aprender certas regras deste deporte, coñeceron o material específico e os valores que inculca. Fixeron xogos moi divertidos cos que pasaron un bo momento.
A continuación deixamos o enlace á páxina web do club por se necesitades máis información: Pontevedra Rugby Club


Fai clic na imaxe para ver máis.