UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

14 nov 2019

VISITA IES CARLOS OROZA

O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder visitar as instalacións do IES Carlos Oroza, no que se imparten os ciclos formativos de hostalería. 
Foi unha mañá moi entretida, xa que comezamos cunha actividade, na que se pretendía fomentar o espírito emprendedor dos nenos e nenas. Tiñan que construír un casco protector para un ovo, empregando solo os materiais que alí lle proporcionaban. Para probar os seus deseños tiveron que tirar o ovo por unhas escaleiras, e sorprendentemente algún ovo sobreviviu.
Despois fixéronnos unha visita guiada polas instalacións: entramos nas cociñas, vimos as diferentes aulas de estudo e tamén outras nas que facían actividades prácticas de lavandería e hospedaxe por exemplo.
Pero antes de marchar, puidemos gozar dun cocktail de luxo no cal fomos atendidos polos propios alumnos e alumnas do centro. Estaba todo boísimo!
Para que poidades comprobar o ben que o pasamos, a continuación deixámosvos unhas fotos desta xornada.


 Fai clic na imaxe para ver máis
Fai clic na imaxe para ver máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario