UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

20 jun 2023

EDUCACIÓN VIARIA E CIRCUITO BICICLETAS

 El club ciclismo Val de Ulló de Vilaboa, que conta con equipo de mountain bike e escola de ciclismo para iniciar aos máis novos na práctica deste deporte, estivo no colexio para facer un pequeno percorrido  coas bicicletas, na que participaron todos   os nenos e nenas. 

Tamén estivo Javier, Garda Municipal de Vilaboa,  para ensinarlles como funciona  todo o relacionado co coche patrulla, Tamén lle ensinou o chaleco antibalas, as esposas , a porra e todos ou utensilios que son necesarios para ao seu traballo.

18 jun 2023

SAÍDA A VIGO

 O xoves pasado fomos todo o colexio de excursión. Primeiro fomos ao porto de Vigo onde vimos unhas moitas  cousas ,  un barco por dentro no que fomos capitáns por un momento, o Nautilius, unha cetaria de mariscos...

Despois dirixímonos ao museo Meirande, alí explicáronnos como e canto durou a batalla de Rande.

Fomos a comer á praia de Cesantes,  xogamos no parque ata que foi a hora de regresar ao colexio.

Pasámolo moi ben.


9 jun 2023

PROXECTO DE SOSTENIBILIDADE CON MONGOLÍA

 


O CEP  Plurilingüe de Riomaior colabora co CEIDA( Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia) dentro do programa REVITALIZA, nun intercambio con colexios de Mongolía. 

Este proxecto consiste en profundizar nos tmas de compostaxe, reciclaxe e economía circular.

A actividade está prevista para o  próximo curso, aínda que esta semana xa tivemos os primeiros contactos por videoconferencia.

Ademáis do noso colexio participan tamén neste proxecto:

CEIP Carballeira

CEIP de Tui.

EEI Ventosela

eei Berducido.



8 jun 2023

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO CPI DO TOURAL

 Como todos o curso o alumnado de 6º visita o CPI do Toural, para coñecer o que será o próximo curso o seu colexio. Visitaron as instalacións e  interactuaron cos que para o ano serán os seus novos compañeiros.


INMERSIÓN ALUMNADO DE 5º


O alumnado de 5º foise esta semana dous días ao campamento "Feitás" situado no Grove. Alí os nenos e nenas  practicaron entre outras cosas: canoas, tirolesas e  practicaron unha chea de xogos.




















sempre baixo a mirada de monitores.

1 jun 2023

VISITA DOS NENOS E NENAS DO CRA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ.

 Os nenos e nenas de sexto de infantil do CRA de Vilaboa e que cursarán o próximo curso primeiro de primaria, visitaron hoxe o centro.

Visitaron a radio, a biblioteca, as  aulas, xogaron no patio......

 Pasárono moi ben.