UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

31 oct 2021

MAGOSTO

 QUE BOAS ESTABAN AS CASTAÑAS!!!! JOSÉ ÁNGEL CADA ANO FAINAS MELLOR.

TODOS , MESTR/AS ALUMNOS E ALUMNAS DÁMOSCHE AS GRAZAS. 




27 oct 2021

CHARLA ÉRGUETE


 O martes día 26 a asociación "Erguete" tivemos no colexio unha charla sobre os RISCOS SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, na que participaron os nenos e nenas de 5º e 6º.
A charla resultou moi entretenida e interesante.




CONTOS NA BIBLIOTECA: ROOM ON THE BROOM







Andera, a auxiliar de conversa, e con motivo do "SAMAWEEN" contoulle o conto " ROOM ON THE BROOM" os nenos e nenas de terceiro ante a presenza de Buli.



24 oct 2021

ESTRELA DA SEMANA: A CABAZA


 
A CABAZA é un alimento rico en auga e baixa densidade calórica. Proporciona hidratos, acompañados de fibra, gran variedade de nutrientes, así como potasio, vitamina A e vitaminas do complexo B.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAWEEN

MERENDAS SAÚDABLES :MARMELO CON QUEIXO



Este venres tocou probar, no recreo , tostas con queixo e marmelo. Todo o alumnado participou na degustación.

A CÉLULA 5º



Os alumnos e alumnas de 5º elaboraron  maquetas sobre o estudo da célula.

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 Un ano máis celebramos o día das bibliotecas escolares, conmemoración inpulsada pola "Asociación de Amigos del Libro Infantil y juvenil" que se celebra desde o ano 1997. A edición deste ano ten como lema "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir"

Como actividade desde o colexio , cada neno e nena colorearon umha marcapáxinas para recordar este día.












21 oct 2021

VISITA O PLANETARIO

"Navegando polo universo" é unha actividade,  na que os nenos e nenas do colexio tiveron a sorte de desfrutar hoxe. Descubriron o apasionante mundo da Astronomía,nun viaxe polo espazo dentro dun planetario de última xeneración instalado no pavillón.


















18 oct 2021

MARTES: CÓMO RELAXAR A CARA, BOCA E OLLOS

 

ESTRELA DA SEMANA: O MARMELO


Os beneficios do marmelo poden ser moi útiles para o noso organismo:
-É baixo en calorías.
-Aporta potasio .
-Pretexe a pel.
- É rico en minerais.
-Aporta moita fibra.
o seu uso culinario é bastante amplo , estas son alguhas das maneiras nas que se pode comer ou preparalo:
-Cru
-licor de marmelo.
-doce de marmelo.
-Marmelo o forno.
-Zumos.
-Reposteria.
-Marmelo o forno.
 

10 oct 2021

CHARLA DA PODÓLOGA GLORIA GARCÍA

 O venres tivemos a  visita da podóloga Gloria García para falarlle aos nenos e nenas sobre o coidado dos pés, e da importancia da podoloxía infantil, que trata das alteracións estructurais ou funcionais dos pés nos nenos.

Son literalmente a base do noso corpo, por iso e moi importante asegurarse o seu funcionamento e o seu ciodado.
















4 oct 2021

ESTRELA DA SEMANA : A GRANADA

A granada é unha froita de outono, orixinaria do sur de Asia. Os árabes introduciron o seu cultivo en España.
Como se come? De mil maneiras!!! Sen dúbida esta froita pode dar moito xogo na cociña , podemos tomala tal cal, engadirla en ensaladas, macedonias uo ben preparar un zume ...
As granadas teñen un gran poder:
- Antioxidante que pode contribuir a previr cancro e enfermidades dexenerativas.
-É bo para a diarrea.
-É boa para as persoas que están a facer dieta para adelgaza.
-Están recomendadas para persoas con hipertensión.
-Axuda a eliminar toxinas do noso organismo.
- Pódemos ser de gran utilidade para previr a gripe e arrefiado ou polo menos reducir os seus síntomas.







CONTACONTOS, FRAN REI

 Fran Rei é un contacontos, que estivo comnosco co espectáculo " SUPREHEROE":

En ausencia , por motivos laborais, de supernai, o noso Superheroe deberá salvar á hunanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación familiar, Así, deberá loitar contra perigrosos axentes malignos mentres prepara merendas, pon unha lavadora ou  cambia un cueiro ou atende a apertada axenda das actividades extraexcolares dos seus filos. Pretende ser unha homenaxe a todos e todas os superheroes e superheroinas que, día a dÍa fanos a vida máis fácil, máis fermosa e máis feliz.

A actuación tivo lugar no patio do colexio para todos os alumnos e alumnas do colexio.

























3 oct 2021

BULI ENTREGA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 Co motivo da apertura da biblioteca Buli entrega as mochilas viaxeiras a todos os nenos e nenas do colexio.














FIRMA CONTRATO COLABORADORES DE BULI



O día 1 de outubro tivo lugar ,na biblioteca, a firma dos nenos e nenas de 5º,da firma do contrato como colaboradores de Buli.  
Comprometense a :
-A coidar os libros e ter todo colocado e recollido.
-Procurar que se mantella o silencio e haxa bo ambiente.
-Cumprir o horario todos os días que lle corresponda.
-Colocar no sitio correcto os libros devoltos polos compañeiros/as.
-A axudar aos nenos e nenas que veñan á biblioteca a atopar e aconsellar os libros, revistas diccionarios libros de consulta, uso dos ordenadores, tablets....e todo o material que necesiten.