UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 abr 2020

PROFES EN MOVEMENTO

Hoxe déixovos un vídeo que fixemos os profes con moito cariño para todos vós, onde podedes ver como nós tamén facemos deporte nas casas nestes tempos de confinamento.
Recordade que podedes mandarme as vosas fotos e vídeos facendo deporte a efriomaior@gmail.com .



29 abr 2020

DÍA INTERNACIONAL DE LA MADRE TIERRA-3º PRIMARIA

Hoxe recibín unhos debuxos dos nenos e nenas de terceiro sobre o "DÍA INTERNACIONAL DE LA MADRE TIERRA" que se celebrou o día 22 d abril.
Aquí déixovos un video, para compartir con todos os nenos e nenas do colexio.
Espero que vos guste, tanto ou máis ca min.
GRAZAS ALUMNOS E ALUMNAS DE TERCEIRO.
BULI.

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 29/04/2020

Mércores 29

Seguro que xa todos coñecedes este reto, e que máis de un xa o conseguiu. Por iso vos pido que compartades comigo os vosos vídeos superando o reto en efriomaior@gmail.com
Para quen non o coñeza, trátase de dar 10 toques cun rollo de papel hixiénico, sen que toque o chan. 
Os máis pequenos do cole, se vedes que é moi complicado podedes facelo coa man ou coa axuda dunha raqueta. 

Déixovos aquí o meu vídeo para que vos riades un pouco.



Tende moito coidado con non romper nada, aconséllovos facelo no exterior ou nunha habitación baleira como o fixen eu.

HOMENAXE DE ANIA DE 4º A BULI

Ola nenos e nenas:
Hoxe levei unha gran sorpresa, Ania de 4º fíxome un video super chulo, e que quero compartir con todos vós. Ademais explica, ahora que xa podedes dar un paseiño, como tedes de facer: poñer mascarilla e lavar moito as mans. Gracias a  Ania e a colaboración da súa nai Gloria.
Moiiitisimos  bicos,
Buli




28 abr 2020

VIDEO CONTOS

VIDEO CONTOS PARA OS PEQUENOS E NON TAN PEQUENOS!!!!!
Un equipo de persoas que se adican a contar contos, invítanvos a gozar en familia, paseando polo mundo dos contos.
Podedes facer un debuxo sobre un conto e mandalo a bibliotecariomaior@gmail.com 
 Un bico Buli





27 abr 2020

BULI DALLE AS GRAZAS SOFÍA DE 4º

Ola Sofía :
Xa vexo que estas lendo moito, fasme moi feliz, porque xa sabes que para min os libros son o mais importante. Alégrome que me mandes os resumenes dos libros que vas lendo.
 Vamos a ir polo terceiro!!!!!. 
Un bico e unha aperta virtual
BULI.

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 27/04/2020

Luns 27 

Hoxe propóñovos crear outro enredo: "Pelotas cometa".

Necesitamos: 
-Unhas tesoiras. 
-Un globo. 
-Unha folla de periódico. 
-Unha bolsa de basura. 
-Un cartón de leite (opcional, se tendes palas de praia ou raquetas na casa xa non o necesitades). 

No primeiro vídeo explícavos como construír a vosa "Pelota Cometa" e no segundo podedes ver algunha actividade para facer con elas. 
Non esquezades enviarme as vosas creacións a efriomaior@gmail.com .




26 abr 2020

NENOS E NENAS DE 3º : DÍA DO LIBRO

Os nenos e nenas de terceiro enviáronme unhas fotografías moi bonitas lendo  un libro.
Grazas a todos e todas, e a vosa titora Raquel
Bicos, Buli.


24 abr 2020

SOBREMESAS SAUDABLES

Hoxe déixovos un vídeo onde podedes ver os pedazos de cociñeiros e cociñeiras que temos no cole.
Gracias a todos eles por levar a cabo as miñas propostas.

César.



ACTIVIDADES ED. FÍSICA 24/04/2020

VENRES 24
Hoxe propóñovos un divertido xogo de mesa que ten algo que ver coa Ed. Física. Creouno un profe de Ed. Física amigo meu e déixame compartilo con vós.
Espero que vos guste e que pasedes un rato agradable en familia.
É para un máximo de 4 xogadores.

23 abr 2020

DÍA DO LIBRO : CARTA DE BULI

Riomaior 23 de abril 2020

Ola nenos e nenas:
Espero que esteades todos e todas moi ben, eu un pouco só, coidando da biblioteca, pero traballando a tope, pois estades mandando moitos traballos, e douvos as grazas, porque así non teño tempo a aburrirme.
Hoxe é o DÍA DO LIBRO, e aínda que non estamos todos xuntos no colexio, podémolo celebrar igualmente, pois para min é un día moi especial.
O outro día pedinvos que elaborádeses uns marcapáxinas, xa teño moitos, pero vou esperar a ter algún máis para facer un vídeo con todos eles.
Un bico e un abrazo virtual. 


BULI.











                                    

                                         
                                             



22 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 22/04/2020

MÉRCORES 22
Bos días a todos e todas. Hoxe vouvos a propoñer que creedes uns bolos con botellas de plástico. Podedes usar as pelotas de malabares que fixemos a semana pasada para derrubalos.

Recordade enviarme as vosas creacións a efriomaior@gmail.com .







21 abr 2020

CONTOS DO CAMIÑO

O día 23 de abril é o DÍA DO LIBRO, como non podemos celebralo xuntos a biblioteca do cole propón aos alumnos e alumnas ver contos na casa e disfrutar deles. Buli sempre está a pensar nos seus amigos e amigas. Espero que vos gusten.


                                     PINCHA AQUÍ PARA VER CONTOS

DEPORTISTAS EN CONFINAMENTO

Bos días.
Hoxe quero compartir con todos vós os vídeos que vou recibindo de nenos e nenas do cole facendo deporte nas súas casas.
Estou moi contento de que sigades en forma despois de todo.
Anímovos a que me enviedes máis fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .



20 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 20/04/2020

LUNS 20
Hoxe propóñovos un vídeo cunha rutina para que non perdades a forma para cando volvamos ao cole. Solo tendes que seguir as instrucións que vos da o vídeo. 
Por certo, está en Inglés, así tamén practicamos algo os números e as partes do corpo nese idioma.
Moito ánimo a todos, e recordade que podedes enviarme os vosos entrenamientos a efriomaior@gmail.com .


19 abr 2020

CANCIÓN "VOLVEREMOS A BRINDAR "

Nestes momentos de confinamento o noso alumnado aproveita para animarnos a disfrutar da música en familia. Na casa de Xián, optaron por cantar e tocar a canción de Lucía Gil "VOLVEREMOS A BRINDAR", para animarnos a todos e pensar que nos falta cada vez menos para estar todos xuntos e poder abrazarnos e brindar de novo por un futuro mellor.








17 abr 2020

REVISTA O PAPAGAYO MES DE ABRIL

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 17/04/2020

Venres 17
Bos días.
Para rematar a semana con alegría, imos a mover un pouco o esqueleto. Déixovos un vídeo cunha coreografía para que copiedes ou inventedes unha nova.
Recordade que podedes mandarme as vosas fotos e vídeos bailando a efriomaior@gmail.com


16 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 16/04/2020

Xoves 16
Bos días.
Hoxe propóñovos facer unhas pelotas de malabares para xogar con elas.
Déixovos este enlace onde vos explica paso a paso como facelas. Pelotas Malabares
A continuación tendes un vídeo coa explicación de como elaborar as bolas, e outros tres explicándovos como aprender a facer malabares con esas pelotas.
Recordade que podedes enviarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com







15 abr 2020

ACTIVIDADE SOBRE ONGS





Ola rapaces e rapazas:
Os mestres de Relixión e Valores, propoñémosvos un traballo de investigación sobre ONGS:
- O traballo será para 3º, 4º, 5º e 6º
- Serán ONGS que se adiquen ao MEDIO AMBIENTE.

TERCEIRO:
- Terán que facer un debuxo de dous logos de ONGS.

CUARTO:
- Terán que facer o debuxo do logo, e a actividade á que se adica a ONG elexida.

QUINTO E SEXTO: 
- Debuxar o logo.
- Buscar a que actividade se adican, (por exemplo animais ...).
- Investigar como se financian.
- Situar nun mapa onde actúan, ben sexa en Galicia, España ou  en outro país do mundo.

O 30 de abril é a data  para entregar os traballos e tedes que envialos ao correo da biblioteca bibliotecariomaior@gmail.com

Os traballos recollidos  teranse  en conta para o terceiro trimestre.



PROPOSTA PARA O 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO




A celebración do Día do Libro  é un acontecemento moi especial para toos. Através dos libros podemos viaxar a outros mundos e lugares, transportarse ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos persoaxes. Cultivar o amor polos libros é o mellor agasallo que podemos facerlles a os nenos e nenas. 
A proposta de Buli este curso , para conmemorar este día, é crear un marcapáxinas libremente,  e mandalo ao correo da biblioteca
bibliotecariomaior@gmail.com

ANIMARVOS A PARTICIPAR



Aquí deixo algúns exemplos e enlaces:























ACTIVIDADES ED. FÍSICA 15/04/2020

Mércores 15
Hoxe imos a facer unha receita moi sinxela e deliciosa "Laranxas en xelatina".


Ingredientes para as laranxas en xelatina (para 4 laranxas):
• 4 laranxas de zume ben lavadas 
• 2 culleriñas de azucre (opcional) 
• Xelatina neutra en pó (1 sobre de 10 g para 500 g totais de líquido ou segundo indicacións do fabricante) 
• 200 g de auga 

Nota: 10 g de xelatina neutra en pó equivalen a 5-6 láminas de xelatina (hidratar previamente seguindo as recomendacións do fabricante).

Preparación das laranxas en xelatina: 
1. Espremer as laranxas, reserva o zume (agregar azucre opcionalmente) e reservar as peles das laranxas. 
2. Disolver a xelatina no zume e remover cunhas barillas. 
3. Levar a auga a ebulición nun cazo e vertela sobre o zume, removendo constantemente para integrar a xelatina. 
4.  Incorporar o zume con xelatina dentro dos cascos das laranxas e deixar arrefriar na neveira por un mínimo de dúas horas.


14 abr 2020

ANIA DE 4º CÓNTANOS UN CONTO

Déixovos un vídeo no que poderedes ver a Ania  de 4ºcontando un conto.
Moitas gracias por compartilo con nós, quedouche xenial.


ECO-MISIÓN DE ABRIL

Chegou a primavera e con ela o bo tempo. É hora de cambiar o armario gardar a roupa do inverno e sacar a de verán. Pero que facemos ca que no nos vale?.
Hai moitas posibilidades :
-Botala en contenedores propios de roupa.
-Axudar a ONGS.
-Entregala a asuntos sociais do Concello.


CONTOS CONTADOS EDITORIAL KALANDRAKA

A editorial Kalandraka pon o sseu granito de area no espazo de entretenimiento cultural e literario.
Lanzou unha campaña audiovisual "CONTOS CONTADOS" na que cada día irá subindo un video contando un conto. Esta acción está orientada para todos os nenos e nenas.Aquí deixovos dous contos, mañá máis

BEA CAMPOS- ¿ A QUE SABE LA LUNA?

http://www.kalandraka.tv/es/video/bealuna


TAMARA CAMPOS-POR EL CAMINO



ACTIVIDADES ED. FÍSICA 14/04/2020


Martes 14

Bos días a todos e a todas, espero que descansarades e recargarades as pilas para empezar con forza este trimestre. 
Hoxe anímovos a xogar en familia a un xogo que todos coñecemos “A Mariola”. Eu sempre lle chamei así pero dependendo da zona recibe un nome ou outro. 
Déixovos aquí un enlace onde se explican as regras básicas, aínda que penso que xa todos sabemos xogar. (A Mariola)
Quero ver o creativos que sodes facendo as vosas Mariolas, xa que poden ser de moitas cores e formas diferentes. Recordade que podedes mandarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com

A continuación podedes ver un vídeo duns nenos e nenas xogando.


5 abr 2020

VIDEO DEBUXOS "ARCO DA VELLA"








GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS DE RIOMAIOR POR MANDAR OS DEBUXOS DO ARCO DA VELLA. 

O CONSELLO DE BULI É "QUÉDADE NA CASA "

XA FALTA MENOS PARA ESTAR XUNTOS!!!.






2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL SOBRE O AUTISMO


O TEA ( transtorno do especro autista) é unha condición que teñen alguhas persoas que afecta fundamentalmente a súa linguaxe e socialización en diversos grados.




Os nenos e nenas de terceiro tamén se comprometeron a facer o símbolo do autismo con distintos materiais.











Neste vídeo podemos ver como poden comportarse algún caso de nenos e nenas con autismo e como podemos comportarnos nós.



3 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 03/04/2020

Venres 3
Ioga:
Para rematar a semana déixovos unha sesión de Ioga, onde vos explican como facer o saúdo ao sol e diferentes posturas que levan o nome de animais.
Espero que vos gusten e que vos axuden a comezar estas vacacións de Semana Santa relaxados e con enerxía.

Que pasedes boas vacacións e vémonos á volta!



2 abr 2020

RECEITAS DIVERTIDAS CON FROITA

Aquí vos deixo un vídeo coas magníficas creacións con froita que elaborachedes.






DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co  nacemento do escritor danés  Hans  Christian Andersen. 







Hans  Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o  Patito Feo,  Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a  Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, a cal se coñece nos cinco  continentes, ademais, os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas.




Buli propón:
-Escoller un conto que teñades na casa.
-Preparade ben a lectura.
-Pode ser compartida con vosos pais, avós ou irmáms.
-Gravade un video e mandadeo a bibliotecariomaior@gmail.com.
-Todos eles serán subidos o blog.
- Esa actividade é voluntaria.


MONSTRUO DE COLORES -CORONAVIRUS

Adaptación do conto: Monstruo de colores - Coronavirus
Escrito por: Adaptación del libro de Anna Llenas



ACTIVIDADES ED. FÍSICA 02/04/2020

Xoves 2
Baile:
Bos días, hoxe propóñovos unha actividade para divertirnos un pouco en familia. Déixovos unha coreografía para que poidades bailar na casa. 
Anímovos a que imitedes esa ou a que inventedes unha e me mandedes os vídeos a efriomaior@gmail.com.
Espero que vos guste.



1 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 01/04/2020

Mércores 1
Receita saudable: Mousse de fresas: 


Ingredientes:
  • 500g de fresas
  • 250g de nata para montar
  • 3 ou 4 ovos
  • Azucre
  • Auga
Elaboración:
  1. Para a elaboración desta sobremesa, o primeiro que hai que facer é lavar e secar as fresas.
  2. Despois cortalas en anacos para pasar a batelas ata conseguir unha textura líquida. 
  3. A continuación, montaremos a nata e as claras ao punto de neve en recipientes diferentes. Para iso utilizaremos a batedora ou unha máquina eléctrica de varillas. 
  4. Cando teñamos todo feito, hai que mesturar moi amodo a nata montada e as fresas batidas coas claras a punto de neve. Removemos todo moi delicadamente ata conseguir unha masa homoxénea, e con axuda dunha culler grande servimos en cuncas individuais. 
  5. Para decorar podes preparar un caldo de azucre de fresas. Para iso, quenta nunha tixola tres fresas previamente laminadas con medio vasiño de auga e unha cullerada de azucre. Remover e deixar que ferva. Cando notes que a mestura fai burbullas, retira do lume e deixa arrefriar. Botar o caldo de azucre sobre a mousse e levar todo á neveira para deixar arrefriar polo menos unhas tres/catro horas.
Recordade compartir comigo as vosas creacións en efriomaior@gmail.com