UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

31 oct 2019

SAMAWEEN






Chegou a data que todos agardamos cada ano, por ser unha das épocas máis divertidas e creativas do cole o:


 SAMAWEEN



SAMAÍN+MAGOSTO+HALLOWEEN



Toda a semana estivo chea de actividades:



-Dende a biblioteca, Buli propuxo unhas recomendacións lectoras para esta semana.




O TUNEL DO TERROR



Fai clic aquí para ver máis imaxes.



Todo o alumnado participou nos concursos de cabazas, manualidades terroríficas, decoración de corredores e de cómics.
Entregáronse diplomas a: decoración máis estética, a máis artística o corredor máis terrorífico.
 A mellor ecocalabaza, a mellor cabaza casa encantada, a cabaza gardián, a mellor artística a spidercabaza....hasta vinte premios.



.









No recreo, Bendi, leu un conto en inglés na biblioteca.





Despois seguimos coa celebración do magosto, primeiro o alumnado pasouno en grande, cos xogos populares:
-O pano
-Corre castaña
-Carreira de sacos
-A castaña por detrás
-Perna atada.
-Come castañas.
Estes xogos este ano por motivos do tempo, tiveron que realizarse no pavillón.
E por último degustamos castañas e chourizos feitos por un grupo de pais.










27 oct 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Como xa sabedes o 24 de outubro é unha data moi especial, posto que celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"
Para conmemorar este día contamos cun grupo de animación Barafunda co seu espectáculo "Pinga, pinga", con sentido de humor, explicaron aos nenos e nenas o consumo responsable da auga. Resultou unha xornada moi divertida e apropiada para o tema que este curso estamos a desenrolar.




Un curso máis e por este día poñemos a rular as mochilas viaxeiras polas casas do noso alumnado. É unha iniciativa para ler en familia e compartir as lecturas nas horas de lecer.Unha actividade de fomemento da lectura que implica ás familias e proporciona un motivo de encontro para gozar do mundo dos libros e da lectura.



21 oct 2019

APERTURA DA NOVA BIBLIOTECA







O xoves 17 de outubro abrimos a nova casa de Buli. Toda obra rematada merece unha inauguración por todo o alto. Co paso do tempo fomos vendo que era necesario darlle un cambio e este chegou grazas ás obras de mellora do piso, o falso teito e todo o mobiliario da sala de lectura. Outra das novidades é que tamén gozarán os nenos e nenas dun "Espazo maker" un recuncho no que o alumnado poderá, entre outras cousas, recrear persoaxes con disfraces, concentrarse no xogo simbólico cooperar con distintos xogos de mesa e deixar voar a imaxinación.



Na inauguración estiveron presentes o inspector D. Carlos Rábade, o asesor de bibliotecas escolares Paco Díaz e a concelleira de educación do concello de Vilaboa dona Dolores Cerqueiro Peón.













O día da apertura da biblioteca tamén se fixo entrega das acreditacións aos colaboradores de Buli, cerimonia moi emotiva para os alumnos e alumnas de 5º.







20 oct 2019

PRESENTACIÓN COLABORADORES DE BULI

O mércores 16, os novos colaboradores de Buli asinaron o contrato no que se comprometen a coidar, cumprir as normas, ordenar e axudar a todos os nenos e nenas na biblioteca.


16 oct 2019

VISITA AO CAMPO DE GOLF

Hoxe tivemos a sorte de poder coñecer de primeira man como son as instalacións do campo de golf Ría de Vigo.
O clima non nos acompañou moito, pero pasámolo en grande de todos xeitos.


Fai clic na imaxe para ver máis.

13 oct 2019

AVENTURA CANADIENSE DA PROFE BEA

Como xa sabedes todos, a profe Bea marcha de viaxe a Canadá para perfeccionar o seu Inglés e para coñecer novas metodoloxías de traballo, observando como se traballa nos coles dese país.
A través do blog de inglés vainos ir contando a súa viaxe, polo que se queredes coñecer de primeira man a súa aventura por Canadá, entrade na ligazón que vos deixo a continuación.

Boa viaxe Bea!

Para entrar no blog de Inglés pulsa a seguinte ligazón: Englishriomaior


10 oct 2019

CHARLAS FADEMUR




Dende FADEMUR Galicia , financiado pola Deputación de Pontevedra, levouse a cabo o programa "Promovendo valores de igualdade nas escolas rurais" co que pretendemos achegar ás escolas a promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero. Nestes días no CEP de Riomaior reflexionamos sobre os xoguetes non sexistas, as cores e os oficios. Seguindo técnicas teatrais, traballamos sobre o reparto desigual das tarefas domésticas e as opcións máis igualitarias baseadas na corresponsabilidade.



6 oct 2019

Visita ao Parlamento e á Xunta de Galicia 2019 (5º e 6º).

O pasado venres día 4 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º foron a Santiago para coñecer de primeira man a organización e o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. 
Aprenderon moitas cousas novas sobre as funcións que ten cada organismo, e tamén coñeceron un pouco sobre a historia da súa constitución.


Fai clic na imaxe para ver máis.