UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

25 abr 2022

ACTIVIDADES SEGUNDO TREMESTRE "SÍNTOME BEN"

 









ESTRELA DA SEMANA : A PATACA



 A pataca é un dos cultivos máis extendidos por todo o mundo. O seu consumo pode ser adicado a alimentación hunana para a alimentación do gando e como materia prima para as industrias agroalimentarias.

A pataca é unha boa fonte de enerxía con alto contido de folato, vitamina C, vitaminas do grupo B, ferro e potasio.

DÍA DO LIBRO



 O Día do Libro celébrase a nivel mundial cada 23 de abril, para promover a paixón polos libros e pola lectura.

Unhas das actividades que fixeron os nenos e nenas para conmemorae ese día foi o "APADRIÑAMENTO LECTOR" o alumnado de 2º cos de 1º, os de 4º cos de 3º e os de 6º cos de 5º.




Outra actividade que se realizou foi, que é un libro para tí?



9 abr 2022

ACTO DE AGRADECEMENTO A JOSÉ ÁNGEL

 Se alguén merece todo o agradecemento, pola súa calidade humana, empeño no seu traballo, por ser o mellor  compañeiro, e moitas cousas máis, ese é o noso conserxe José Ángel.

O construíu as novas instalacións da radio escolar para que toda a comunidade educativa poida gozar dela. 

Por tal motivo toda a comunidade escolar., en presenza do alcalde de Vilaboa, fíxolle unha pequena homenaxe coa entrega dunha placa de recoñecemento ao seu traballo.

GRAZAS.











VERBAS QUE CURAN

 

Cada ano o 7 de Abril conmemorase o día da Saúde. Este ano os centros escolares de Vilaboa demostraron a súa capacidade de traballo en equipo e a súa conciencia social.

"VERBAS  QUE CURAN" é unha iniciativaartistica realizada desde o CRA Consuelo Gónzalez Martínez, o CPI Toural e o CEP  Riomaior.

A actividade consistiu en decorar paraugas con mensaxes positivas e a súa colocación na balaustradado Centro de Saúde de Vilaboa.


6 abr 2022

CHEGOU A PRIMAVERA A RIOMAIOR

 Chegou a primavera , e todos o alumnado e mestres participaron na decoración de portas, corredores escaleiras... con motivos de primavera.

                   O resultado foi inmellorable


4 abr 2022

ESTRELA DA SEMANA: O OVO






É un alimento bastante nutritivo. Contén proteínas tanto na clara como na xema. A clara componse de moitas vitaminas e achega entre un 10% e un 20% da cantidade diaria recomendada de vitaminas A, D, E e  K. Os ovos tamén teñen minerais, como fósforo,  selenio, ferro e zinc.






3 abr 2022

INAGURACIÓN DAS INSTALACIÓNS DA RADIO ESCOLAR




O noso colexio acolleu un acto para inagurar as novas instalacións da radio escolar " COBRES NAS ONDAS" Foi un día moi emocionante no que participaron todos o alumnado e o que   tamén asistiron  autoridades da Conselleria de Educación, de Bibliotecas Escolares de Galicia do CFR, e a nivel local:

D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo ( Director xeral de centros).

D. César A. Pérez Ares (Xefe territorial).

D.ª Alejandra López López (Inspectora de educación).

D. Francisco Diaz (Asesor de bibliotecas escolares).

D. César Poza González (Alcade de Vilaboa).

Dª. Mª Dolores Cerqueiro ( Concelleira de educación do concello ).

Dª Estefanía Rivero ( Presidenta da ANPA).

Dª Carmen Martínez Dapena ( directora do CFR).

Dª Ana Velo Barreiro( asesora do CFR).

D. Oswaldo Díaz ( xornalista de Radio Pontevedra).