ASIA CREANDO UN HIMNO OLÍMPICO de bibliotecariomaior riomaior
31 may 2026
PROXECTO RIOLIMPIADAS: CREANDO UN HIMNO OLÍMPICO.
ASIA CREANDO UN HIMNO OLÍMPICO de bibliotecariomaior riomaior
30 may 2026
28 may 2026
27 may 2026
PREMIOS DE INCLUSIÓN E CONVIVENCIA
Seguimos gañando premios: onte, da man do Conselleiro, Román Rodriguez, recibimos o 3º Premio de Boas Prácticas Inclusivas e 2º nos premios CONVIVIMOS pola implicación na mellora da convivencia e do benestar emocional nas aulas.
26 may 2026
DÍGOCHO EU: BREIXO DE 5º
25 may 2026
ALMORZO MEDITERRÁNEO
Hoxe vivimos unha xornada moi especial. desfrutamos de "Un bo almorzo mediterráneo". Todos os nenos e nenas do centro xuntámonos para aprender que comer ben t compartimos mesas cheas de produtos sans e deliciosos:, tostas con tomate e xamón e aceite de oliva e os lácteos. Unha combinación perfecta para cargar as pilas e coidar a nosa saúde. Ademais, tivemos o luxo de contar cun comensal moi especial. O noso alcalde, César Poza non quixo perderse esta cita! Estivo connosco compartindo mesa, conversando cos rapaces e rapazas, e lembrándonos a importancia de apostar polos hábitos de vida saudables.Queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta actividade: ANPA e profesorado.
DÍGOCHO EU: ISAAC de 6º
Ao longo deste trimestre o EDLG compartiu unha proposta polas aulas para fomentar a oralidade en galego chamada Dígocho eu, ao estilo do coñecido programa da TVG.
A idea era que voluntariamente cada neno ou nena escollese unha tarxeta de vocabulario para explicar nun breve video en galego.
Ao longo das vindeiras semanas iremos publicando os videos que fixestes chegar. Hoxe empezamos con Isaac de 6º que nos vai dar unha lección de balonmán
EXHIBICIÓN DE ACROSSPORT DE 5º D 6º.
.Nesta actividade non importa quen corre máis rápido ou quen salta máis alto; o único segredo é a cooperación, a coordinación e a complicidade. Cada pirámide e cada transición que ides ver é o resultado do esforzo colectivo, onde o corpo convértese en arte.
24 may 2026
DESPEDIMOS A SARA.
O venres tivemos que despedir a Sara, aínda que estamos un pouco tristes porque se vai, dámoslle darche as grazas por estes meses que estivo con nosotr@s.Grazas pola túa paciencia, polos teus sorrisos cada mañá e por facer que aprender ao teu lado fose tan divertido. En pouco tempo gañácheste un lugar moi especial no noso colexio e nos nosos corazóns. Estamos seguros de que serás unha mestra incrible, porque tes o máis importante: paciencia, cariño e maxia para ensinar. Non te esquezas nunca de Riomaior, porque nós xamais nos esqueceremos de ti.
BOA SORTE!!!!
21 may 2026
3º E 4º PLANTAMOS CASTIÑEIROS.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4ºprotagonizaron unha xornada no monte local de Paradellas, plantando castiñeiros. Un acto de compromiso real co medio ambiente e coa recuperación do noso bosque.
VISITA DE 1º E 2º A "GRANXA ESCOLA RIOMOURO"
Os alumnos de 1º e 2º de Primaria visitaron a Granxa Escola Riomouro, un recuncho máxico onde a natureza se converte na mellor mestra. Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Vive o Rural"O programa ten como finalidade ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de realizar actividades alternativas de tempo libre, achegarse á realidade das actividades agrícolas e gandeiras e adquirir coñecementos prácticos sobre a produción local, as características dos cultivos presentes na súa zona, a vida dos animais que nela habitan ou o coidado do medio natural, alén de valorizar o sector primario, poñendo sempre en valor o mantemento da biodiversidade do territorio, da paisaxe e da tradición agraria como elemento de identidade da nosa cultura.
20 may 2026
18 may 2026
MASTER CLASS DE DEBUXO
CROSS RIOMAIOR 2026
O colexio de Riomaior celebrou unha nova edición da súa xa tradicional Cros Escolar organizado polo ANPA. Esta xornada, que se converteu nunha das citas máis esperadas do calendario escolar, logrou reunir a alumnos, profesores e familias de colexios de contorna, nun ambiente inigualable de festa, superación e compañeirismo.Entre zancadas, aplausos e moitos sorrisos, o Cross de Riomaior demostrou que, neste colexio, o premio máis importante sempre é participar e crecer xuntos.
14 may 2026
LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO
TRABALLANDO XUNTOS.
Esta semana, os mestres e as familias , tiveron unha xornada de colaboración para construír a partir de palés de madeira, materiais para o patio para que os nenos e nenas teñan máis recunchos para xogar.O noso agradecemento á familia de Carla Lino de 5º por achegar os seus coñecementos de carpintería e sobre todo a súa colaboración.
13 may 2026
PROXECTO CIRCUITOS ELECTRICOS EN 6º
No marco da área de Ciencias da Natureza, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria pasamos da teoría á práctica converténdonos en novos enxeñeiros. Este proxecto nace co obxectivo de comprender os principios fundamentais que permiten que a tecnoloxía actual funcione: o circuíto eléctrico.
Todos os proxectos integráronse en maquetas de distintos e variados temas demostrando que a ciencia é a ferramenta máis poderosa para crear, innovar e xogar .
11 may 2026
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS JOSÉ HERMIDA DE RADIO ESCOLAR.
ESPAZO DE CONVIVENCIA
10 may 2026
LEIRE ESPAÑA, RECOLLE O PREMIO "DESEÑA UNHA XOIA PARA TÚA NAI"
Esta semana Leire España de 5º, como finalista do concurso "Deseña unha xoia para túa nai " foi á entrega de premios que se celebrou en Santiago de Compostela.
CONTO: O LOBO SEN RABO.
8 may 2026
CAMPAMENTO DE CONVIVENCIA DE 6º
O alumnado de 6º estivo esta semana nun campamento de convivencia no Grove, campamentos Feitás, onde os nenos e nenas aprenderon mediante xogos con diferentes técnicas para desenvolverse en ámbitos naturais e ao mesmo tempo coñeceron recursos novos para o seu tempo de lecer. Todas as actividades foron levadas a cabo dunha forma lúdica, onde o neno e a nena participou activamente no transcurso do día. As actividades foron dirixidas e desenvolvidas por un equipo de monitores titulados.
CAMPAMENTO DE CONVIVENCIA DE 6º de bibliotecariomaior riomaior
7 may 2026
SCHOOL TO SCHOOL
O programa School to School propón un achegamento cultural á India a través de material didáctico edo intercambio de materiais entre unha escola de primaria de España e unha escola de reforzo da Fundación Vicente Ferrer da India do mesmo nivel. Nestas escolas, nenos e nenas das comunidades máis desfavorecidas asisten antes e despois da escola pública para ter apoio e reforzo escolar que garanten bos resultados académicos. A través deste intercambio, o programa busca que os nenos e nenas coñezan realidades diferentes á súa, tomen conciencia das desigualdades e aprendan valores de solidariedade, xustiza social etc
6 may 2026
DIPLOMAS MERGÚLLATE NA LECTURA.
4 may 2026
OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA EN 4º
Hoxe nais de nenos e nenas de 4º foron 'guías de xogo'. Trouxemos unha chea de cartas e xogos incribles porque quixeron que hoxe o pasásedelo en grande e dunha forma diferente.
Fixeron un taller para excitar a mente, aprender regras novas e, sobre todo, desfrutar de xogar xuntos e aprender que gañe quen gañe o máis importante é o equipo que formamos .
Así que, que comece a partida!"
1 may 2026
" AÍ VÉN O MAIO" COS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO.
Os nenos e nenas de primeiro foron agasallar xestas por todas as aulas do colexio, para dar a benvida ao mes de maio coa protección que merece a data É moi común ver esta planta adornando as entradas das vivendas para recibir o mes de maio con protección e alegría. Para iso elaboraron en equipos uns carpaces onde se explica que a xesta debe ser colocadas nas portas das casas, nos coches.















.jpg)


.jpg)



















