UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

29 may 2020

PARTICIPANTES RETO VELOCIDADE DE REACCIÓN

Déixovos un vídeo no que aparecen todas as nenas e nenos que se atreveron a realizar o segundo reto que vos propuxen, o de velocidade de reacción.
Gracias a todos por participar!





28 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 28/05/2020

Xoves 28
Para o reto de hoxe precisamos 3 bolis (lápices, rotuladores, etc..) e 9 vasos de plástico se pode ser (tamén valen de cristal pero hai que ter coidado de non rompelos porque nos podemos cortar).
Consiste en cambiar os bolis dunha fila de vasos para a outra sen tocar o chan co pé que o fagamos e sen que nos caian os bolis.
Se nos cae temos que volver a empezar.
Déixovos un vídeo onde o fago eu para que vos sirva de exemplo.
Espero os vosos vídeos e fotos en efriomaior@gmail.com .
Moita sorte a todos, seguro que o conseguides.


25 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 25/05/2020

Luns 25
Bos días a tod@s.
Hoxe propóñovos un xogo para mellorar a nosa capacidade pulmonar.
O material que precisades son dous vasos de plástico. E tendes que marcar unha liña de saída e outra de meta. A distancia entre unha e outra que non sexa superior aos 3 metros porque vos podedes marear de tanto soprar.
Podedes competir contra algún familiar, ou cronometrar os vosos tempos individuais e intentar superalos.
Recordade enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .
Aquí vos deixo un vídeo para que vexades como xogar.


22 may 2020

PARTICIPANTES NO RETO DOS 10 TOQUES

Hoxe déixovos un vídeo donde podedes ver aos valentes que participaron no reto dos 10 toques co papel hixiénico.
Noraboa a todos por atrevervos e gracias polos vídeos.


21 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 21/05/2020

XOVES 21
Hoxe traio outro reto. Esta vez é un pouco máis complicado. 
Só necesitamos unha zapatilla, a poder ser que teña a suela plana para que nos sexa máis doado.
Temos que tumbarnos boca a baixo no chan e colocar a zapatilla sobre a planta do noso pé. O reto consite en dar unha volta completa sen que a zapatilla caia. 
Déixovos un vídeo onde mos mostro como facelo.
Espero as vosas fotos e vídeos en efriomaior@gamil.com .


18 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 18/05/2020

Luns 18
Hoxe a Consellería de Educación proponnos un vídeo sobre a iniciación ao Ioga, espero que vos guste.
Lembrade enviarme os vosos vídeos e fotos a efriomaior@gmail.com .


17 may 2020

VIDEO LETRAS GALEGAS



"CANTARES ILUSTRADOS" 
 É unha homenaxe a nosa lingua, O GALEGO, para  dinamizarla e potenciarla
 alumnado de sexto recitou poemas do libro, CANTARES GALEGOS  de Rosalía de Castro. 
Agradecemento a Ismael Cabaleiro pola música e Rodrigo Cabaleiro pola montaxe do video.




15 may 2020

15 DE MAIO "DÍA DA FAMILIA"

Hoxe celébrase o "DÍA DA FAMILIA"e dende a biblioteca e o departamento de orietación, quixemos proporcionar títulos de distintos contos con esta temática.




https://familiasenruta.com/fnr-crianza/libros-diversidad-familiar/





















ACTIVIDADES ED. FÍSICA 15/05/2020

VENRES 15
Hoxe propóñovos un xogo para traballar a motricidade fina.
Para xogar necesitades dous palillos longos (tamén serven lápices), varios tapóns de plástico (non teñen porque ser iguais) e un recipiente (vaso, taza, caldeiro, etc ...).
Déixovos un vídeo onde podedes ver como se xoga, podedes competir contra algún familiar ou xogar solos e cronometrar a ver se mellorades a vosa propia marca.
Podedes enviarme fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .



13 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 13/05/2020

Mércores 13
Hoxe vouvos a propoñer un reto no que traballaremos a velocidade de reacción. 
Este consiste en lanzar un obxecto ao aire, xirar completamente (360º) e volver a coller o obxecto antes de que toque o chan.
Eu usei papel hixiénico pero podedes usar outras cousas como pelotas, calcetíns, unha laranxa, etc.
Espero ansioso os vosos vídeos en efriomaior@gmail.com .
Seguro que o facedes xenial!


12 may 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS






 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio é o Día  das Letras Galegas,este ano adicado ao escritor Ricardo Carballo Calero.
Aínda que a celebración trasladouse para o 31 de outubro, o equipo de biblioteca e dinamización, queremos deixar algunha actividade elaborada polo noso alumnado.
Os nenos e nenas de terceiro fixeron unha caricatura do escritor










Video sobre  a súa vida (canción) Colexio Franciscanas



TELEXORNAL CARBALLO CALERO

11 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 11/05/2020

Luns 11
Hoxe deixo outro vídeo dos que nos propón a Consellería de Educación. Esta vez traballaremos a forza e a resistencia.
Recordade que podedes enviarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .


8 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 08/05/2020

Venres 8
Hoxe propóñovos outro xogo tradicional, é dicir, un xogo dos de toda a vida ao que xogaron os nosos pais e avós, "As Chapas".
Para xogar necesitades unha chapa para cada xogador, serve de calquera tipo (tapóns do leite, de auga, de refresco, etc.) pero mellor que sexan iguais para que non haxa excusas de que unha corre máis que a outra jejeje...
Tendes que debuxar unha pista no chan ou podedes facela con calquera obxecto tal e como se mostra no vídeo que vos poño a continuación.
Os lanzamentos son por turnos, se tocamos unha liña, se nos saímos, ou se tocamos algún obstáculo, temos que volver a empezar.
Moita sorte e que gañe o mellor.
Podedes enviarme os vosos vídeos e fotos a efriomaior@gmail.com.



REVISTA PAPAGAIO MAIO

7 may 2020

ANIMAIS DA FRAGA: TERCEIRO PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de terceiro fixeron un traballo sobre os "ANIMAIS DA FRAGA".
Mouchos, raposos,  xabarís, vagalumes, lobos, ourizos cachos, garduñas.....Este foi o resultado.



6 may 2020

DEPORTISTAS CONFINADOS II

Hoxe quero compartir con todos vós os vídeos que vou recibindo de nenos e nenas do cole facendo deporte nas súas casas.
Anímovos a que me enviedes máis fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .





Gabriela 4º

5 may 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS : ENLACES E VIDEOS



BIOGRAFÍA


















PÁXINAS DE INTERÉS
















ECO-MISIÓN DE MAIO



O Concello de Vilaboa vai doar unha serie de árbores e plantas para o noso colexio:
-Plantas ornamentais
-Árbores de sombra para o patio 
- Plantas de peche.

Aquí deixo unhos videos que explican a importancia que ten o plantar árbores.




DEPORTE EN FAMILIA

Este fin de semana recibín un vídeo da familia de Naira de 6º, onde podemos velos a todos facendo exercicio físico. 
Gracias por compartilo con nós!
Anímovos a todos a movervos e a seguir facendo deporte e exercicio en familia, xa que durante esta tempada de confinamento é moi doado caer en hábitos de sedentarismo, perxudiciais para a nosa saúde.
Convídovos a que me enviedes algún vídeo facendo deporte en familia a efriomaior@gmail.com, para compartilo co resto do cole e poder ver como nos atopamos e cómo nos mantemos en forma.

Un abrazo enorme para todos.


4 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 04/05/2020

Luns 4
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado continuar con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde, combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

Cada luns irei compartindo con vós un destes vídeos. Recordade que podedes enviarme o voso traballo a efriomaior@gmail.com



3 may 2020

ACTIVIDADE DE RELIXIÓN/VALORES SEXTO

SNACK ATTACK


O valor da xenerosidade




Actividade:
-En un folio, facer un pequeno resumo  do que vos transmite a curta.
-Decorar, con debuxos, palabras relacionadas...etc  
-Os traballos mandalos a bibliotecariomaior@gmail.com
-Tedes ata o 22 de maio para entregar a actividade.

ACTIVIDADE RELIXIÓN/VALORES QUINTO




CLOUDY
 Gus é unha solitaria, insegura e agrisada nube, pero tamén é todo un experto na creación de bebés «perigosos». Crocodilos, carneiros… as queridas creacións de Gus son obras de arte, pero non fan máis que causar molestias ao seu socio nas entregas, a cegoña Peck. 




Actividade:
-En un folio, explicar con unha frase,  o que vos transmite a curta.
-Decorar, con debuxos, palabras relacionadas...etc  
-Os traballos mandalos a bibliotecariomaior@gmail.com
-Tedes ata o 22 de maio para entregar a actividade.









ACTIVIDADE RELIXIÓN/VALORES CUARTO

CUARTO

CUERDAS


Amizade , xenerosidade inocencia...son algúns dos valores que transmite esta curta.




Actividade:
-Poñer o título da curta.
-Elexir a palabra que che transmite  decorala e facer un debuxo.
-Os traballos mandalos a :bibliotecariomaior@gmail.com
-Tedes ata o 22 de maio para entregar os traballos.




ACTIVIDADE RELIXIÓN/VALORES TERCEIRO



TERCEIRO

A BOLBORETA DE SABELA

É un video que quere dar a entender a importancia do esforzo por aprender e saber falar máis de un idioma.


ACTIVIDADE:

-Tedes que poñer o título da curta.
 - Facer un debuxo e colorealo .
- Non vos olvidedes de poñer o voso mone.
- Os traballos mandalos a: bibliotecariomaior@gmail.com
-Tedes ata o 22 de maio para entregar os traballos.

2 may 2020

MAIS MAIOS: LUCAS,LUCÍA LOIRA ,LÍA





Lucas de segundo, e seu irmán facendo no maio .Gracias por mandarme estas fotos tan bonitas.
BULI







 Lucía Loira e seu irmán tamén mandaron o seu maio, que o fixeron en colaboración con seus avós.
Gracias a todos por colaborar.
BULI



Lía,  de primeiro,  tamén mandou o seu maio,
Grazas

1 may 2020

"O MAIO" DE UXÍA GÓMEZ

Todos os anos, o primeiro dde maio, ten lugar a celebración da "FESTA DOS MAIOS" en Galicia.
Uxía Gómez de quinto quixo compartir, con todos os nenos e nenas do colexio o seu maio.
Grazas familia.
 BULI