UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

19 jun 2020

VÍDEO DESPEDIDA 6º

De parte de todos os mestres do CEP Plurilingüe de Riomaior queremos desexarvos o mellor para esta nova etapa que ides comezar, dicirvos que estades máis que preparados para seguir coa vosa vida fóra do colexio, que teñades moita sorte.
Esta sempre será a vosa casa.


16 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 16/06/2020

MARTES 16
Chegamos ao final do curso e por iso vos traio o último reto.
Aviso que este reto pode ser divertido porque se non o conseguides podedes acabar mollados de arriba a abaixo.
Necesitades un vaso (a poder ser de plástico para que non rompa se cae) e un pouco de auga. Tendes que poñer o vaso sobre a frente e sen que caia, tendes que tumbarvos e volver a levantarvos.
Seguro que o facedes xenial!

Recordade que podedes enviarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .





11 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 11/06/2020

XOVES 11
O reto que vos propoño hoxe trata sobre a velocidade xestual.
Necesitamos unha taza (tamén sirve un vaso ou calquera outro recipiente) e unha bóla de papel (que sexa case do mesmo tamaño que a embocadura da taza para que sexa máis difícil). No meu caso empreguei dous folios vellos que xa non servían.
O reto consiste en colocar a bóla no cú da taza, lanzala ao aire e xirar rápidamente a taza para intentar atrapar a pelota antes de que toque o chan.
Espero os vosos vídeos en efriomaior@gmail.com .



8 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 08/06/2020

LUNS 8
Hoxe propóñovos un xogo para xogar en parellas. Se só sodes dúas persoas, podedes facelo varias veces e cronometrar a ver en que intento o facedes máis rápido.
O material que precisades é un pau para cada xogador, e un globo e un recipiente para cada parella.
O xogo consiste en levar o globo dende o inicio ata o recipiente, empregando só os paus, non está permitido usar ningunha parte do corpo.
Déixovos un vídeo onde se mostra como se xoga.
Recordade enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .


4 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 04/06/2020

XOVES 4
O reto que vos propoño hoxe consiste en cambiar dun cadrado ao outro, sen pisar fóra e sen utilizar as mans.
Os cadrados podedes debuxalos ou marcalos con cinta como fixen eu. Eu puxen de guía unha folla de periódico aberta e quedoume un cadrado de 39x55 cm aproximadamente. 
Entre un cadrado e outro deixei unha distancia de 40 cm, máis ou menos.
Podedes enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .



1 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 01/06/2020

LUNS 1
Bos días. Hoxe imos seguir traballando a capacidade pulmonar, pero en lugar de soprar imos ter que absorver.
Para o xogo necesitamos lacasitos, dous recipientes e unha palla. Trátase de coller o maior número de lacasitos posibles en dous minutos. Podedes facelo solos ou competir contra algún familiar. O mellor de todo e que ao rematar o xogo podemos comer os lacasitos!!!
Se non dispoñemos de lacasitos podemos facelos con tapóns de botellas de auga por exemplo, pero non os comades ao final jejejeje...

Espero os vosos vídeos e fotos en efriomaior@gmail.com .