UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

25 dic 2021

FELICITACIÓN DE 5º

 OS NENOS E NENAS DE 5º NON PUIDERON GRAVAR AS SUA CANCIÓN, PERO OS POUCOS QUE ESTABAN, MANDARON ESTA FELICITACIÓN.

22 dic 2021

FELICITACIÓN NADAL, LÍA ,MARTA E NAIRA DE 3º

 ESTE NADAL OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO NON PUIDERON GRAVAR O FESTIVAL XA SABEMOS TODOS O PORQUÉ. 

PERO QUIXERON COLABORAR, MANANDO VIDEOS E FOTOS. 

BO NADAL A TODOS





19 dic 2021

CONTOS NA BIBLIOTECA

 Aproveitando que estamos en Nadal ,ANDREA, levou os nenos e nenas de primeiro para contarlles   THE ELF ON THE SHELF"

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 En estas datas tan importantes non podedes esquecer poñer na vosa carta a Papá Noel e ós tres Reis Magos unha morea de libros.

Buli deixavos unha serie de suxestións.

BO NADAL.

VISITA DA ODONTOLOGA: MARTA MORENO.

 O xoves, veunos  visitar a  odontóloga Marta Moreno, acompañada por   Yovana,  as dúas  traballan na clínica de Vilaboa.  Falaron os nenos e nenas  de todo o que se refire ao coidado das nosas bocas e a   importancia dunha boa hixiene bucal para a nosa saúde.








7 dic 2021

VISITA DA FUNDACIÓN "CELTA INTEGRA"

 O DÍA 3 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE O  DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, CON ESTE MOTIVO, OS NENOS DE 5º E 6º TIVERON UNHA CHARLA DUN MEMBRO DA FUNDACIÓN " CELTA INTEGRA".

CELTA INTEGRA É UNHA  ESCUELA DEPORTIVA PARA NENOS E NENAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL. A FILOSOFÍA DA ESCOLA FUNDACIÓN CELTAA, BASÉASE EN FACILITAR O DESENVOLVEMENTO DESTES  PEQUENOS, DUNHA MANEIRA LÚDICA E INDIVIDUALIZADA , FORMARLOS DEPORTIVA E PERSONALMENTE RELEGANDO A UN SEGUNDO PLANO A COMPETICIÓN.







OBRADOIRO CENTROS FLORALES

 O  AMPA ORGANIZOU UN OBRADOIRO,PARA OS NENOS E NENAS DO COLEXIO, DE CENTROS FLORAIS, NO QUE ELABORARON COUSAS PRECIOSAS. AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA.











29 nov 2021

OBRADOIRO : MULLERES CIENTÍFICAS.

 No obradoiro" mulleres científicas" coñecemos moitas aportacións femininas á ciencia e descubrementos que aínda hoxe son de moita utilidade como os raios X, o wifi ou os lentes. Tamén nos achegaron dun xeito práctico e divertido a todos os inventos que nos aportaron todas estas grandes investigadoras e científicas , moitas delas galegas.


ESTRELA DA SEMANA : AS NOCES



As noces son fonte de vitaminas e nutrientes que favorecen o desenvolvemento do noso corpo, xa que fortalecen o sistema  inmunitario e axúdannos a previr enfermidades.
 É un alimento que pode inxerirse cru ou como ingrediente de pratos e sobremesas.
As noces son valoradas pola súa significativa achega de nutrientes esenciais:
Proteínas.
Acedos graxos.
Fibra.
Antioxidantes.
Esteroles.
Minerais (sodio,  potasio, fósforo, ferro, zinc,  magnesio, calcio),
Vitamina  B e vitamina E.


 

24 nov 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

 Como todos os cursos para conmemorar o 25 N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO , Buli fai unha selección de lecturas para que os nenos e nenas do colexio poidan ir á biblioteca para lelas.



EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA

 O luns día 22, tivo lugar por parte da responsable de de impartir as charlas, polos colexios, sobre educación cívico tributaria Rebeca.

Estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º , e explicoulles a importancia dos impostos e fixeron diversos exercicios prácticos.





21 nov 2021

ESTRELA DA SEMANA: A MANDARINA


 A mandarina é un símbolo de sorte en China. É mesmo costume dar mandarinas de agasallo no aninovo chinés como forma de desexar boa sorte. Con todo, a sorte da mandarina esténdese máis aló desta tradición chinesa e tamén se pode atopar nas propiedades nutritivas desta froita.

Entre os beneficios da mandarina , diremos en primeiro lugar que se trata dunha rica fonte de vitamina A, vitamina  C, vitamina  B1 e  B2, 

  folato (similar ao ácido  fólico) e sales minerais, como o  potasio, o calcio, o fósforo e o  magnesio.

Beneficios da mandarina para a saúde e a beleza:

-Pel máis nova e sa.

-Cabelos máis fortes e saudables.

-Perda de peso.

-Dentes, enxivas e un sorriso máis san.

-Reforza o sistema  inmunolóxico.

-

14 nov 2021

ESTRELA DA SEMANA: O CAQUI

  A súa achega en antioxidantes mellora nosas defensas naturais.

O  caqui axúdanos a combater o  estreñimiento e mellora o tránsito intestinal debido para o efecto  laxante do froito cando está maduro.

Polo seu contido en  potasio, é unha froita beneficiosa para persoas con  hipertensión arterial.

O  caqui aumenta a absorción do ferro, contribuíndo á prevención ou diminución da anemia  ferropénica.

Coida do teu sistema cardiovascular co  caqui.

A fibra do  caqui axuda a reducir os niveis de colesterol.

Esta froita achéganos excelentes cantidades de  betacarotenos, que se converten en vitamina A en o noso organismo e participa en multitude de funcións: no sistema  inmunológico, coida da nosa vista, mantén o noso cabelo e pel en bo estado. Ademais o seu contido en vitamina  C favorece a formación de  colágeno.

A vitamina A de o  caqui é moi beneficiosa para manter uns ósos e dentes fortes, polo que é unha froita estupenda especialmente durante as etapas de crecemento.

11 nov 2021

CHARLA DA TRAUMATÓLOGA:Mª ISABEL CORTEGOSO

 O martes , día 9 de novembro estivo no colexio a traumatóloga,  do hospital Álvaro Cunqueiro, Mª Isabel Cortegoso Tubío. Falou das funcións dos ósos e como coidalos para previr posibles enfermidades. Alimentarse ben, facer deporte, tomar o sol....foron algunhas das recomendacións que nos dixo. Unha charla moi interesante.

Aquí tedes a presentación que nos deixou.