UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

28 abr 2023

ENTREVISTA A BEATRIZ DEL RIO


No proxecto "Un mar de vidas" seguimos a entrevistar a persoas da nosa contorna e que teñen relación co mar. Este mércores visitounos Beatriz del Rio.

24 abr 2023

MURAL : RECOMENDA UN LIBRO

 Con motivo da conmemoración do Día do Libro, realizouse unha actividade, que consistiu en recomendar un libro que che gustara.

Participou todo o alumnado do colexio e realizouse un mural que está exposto no corredor da biblioteca.



OS PAIS CONTAN CONTOS NA BIBLIOTECA.

 Lucía a nai de Xiana de 1º, acercouse a biblioteca a ler o conto "A cebra Camila" ao alumnado de 1º

22 abr 2023

VISITA DO DIRECTOR DA ESCOLA FILANDESA VEIKKOLANKOULU


 O director da escola filandesa Vaikkolankoulu estivo esta semana no noso colexio. En esa escola tiveron a oportunidade de formarse, Bea Somoza e Lara Molino, este escurso dentro do programa Erasmus+.

Tivo a oportunidade de participar en diversas actividades realizadas, nos proxectos da semana e unha entrevista na radio.

M   oitas grazas pola visita.






14 abr 2023

DIARIO DE PONTEVEDRA: NOTICIAS SOBRE NEWCOBRES

 O día de onte o Diario de Pontevedra, dedicou unha páxina do seu xornal, para explicar como é o mundo de NEWCOBRES:  como se formaron as casas, como se realizan  os proxectos, como funcionan os pasaportes..

Unha ampla reportaxe  do que toda a  comunidade educativa  se sente moi orgullosa de  este  traballo. 








ENTREVISTA A BIBIANA GARCÍA, NAI DE ANTÓN DE 3º

Bibiana García é licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo,  veciña de San Adrián de Cobres.
A súa traxectoria é moi importante e intensa con todo o relacionado co mar.
Viu ao colexio para contar, aos nenos /as da casa,  custodios das salinas, todo aquelo  que ela pode achegar dentro do proxeto "Un mar de vidas". 
 

FUTUROS PINTORES DE RIOMAIOR: MAR, NAIRA E JUANJO DE 6º

 Os alumnos de 6º, Mar, Maia e Juanjo, trouxeron os seus cadros para expoñer no corredor do colexio.  Todo o alumnado e profesorado puidemos apreciar o seu talento como futuros pintores.

Seguir así,  algún día veremos os vosos cadros nunha galería de arte xunto con outros pintores de renome.

13 abr 2023

VISITA DA DELEGACIÓN FRANCESA AO NOSO COLEXIO

Hoxe visitáronnos un inspector e seis asesores pedagóxicos franceses, pertencentes a L´Académie de Rennes, dentro do programa Erasmus+. Presenciaron o desenvolvemento dos obradoiros  que realizamos no noso colexio, como actividade de innovación.

Estiveron acompañados por asesores do CAFI e do CFR de Pontevedra.





7 abr 2023

EASTER 2023



 O pasada semana o alumnado celebrou o " EASTER DAY", decorando,  todos/as os típicos ovos de Pascua.

Para rematar o vernes  participaron no  primeiro torneo  de casas, con xogos divertidos competindo con entusiasmo e valentía.