UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

21 feb 2020

ENTROIDO 2020






Comenzamos a xornada cunha representación dos bailes de" Madamas e Galáns". Os nenos e nenas de 5º e 6º, Mateo, Uxía Gómez, Uxía Dopazo,Iris,  Estela e Nayala, bailaron bailes típicos do "Entroido de Cobres" como a muñeira, danza de Cobres ou o agarradiño.






Comenzamos coa  lectura do pregón, este ano foi ao alcalde de Vilaboa , Francisco Costas o encargado de dar comenzo o Entroido 2020.






Desfile e actuación de todos os  cursos. 




























20 feb 2020

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA:SARA E ALEX

Hoxe os alumnos de 1º, 2º e 3º, tiveron a sorte de escoitar a Alex e Sara, os que lles contaron unha morea de contos. O can de Milu foi o punto e partida dunha sesión na que diferentes animais e o respeto ao entorno e a natureza tiveron protagonismo. Foi unha sesión moi amena na que os rapaces e rapazas pasárono moi ben. Buli dalle as grazas a AMPA .





ECOGALEGADOS




O  EQUIPO DE BIBLIOTECA E EDLG PROPUXERON AOS NENOS E NENAS ENCHER O MURAL DE "ECOGALEGADOS" DE REFRÁNS REFERIDOS, A AGRICULTURA, O CLIMA E A NATUREZA EN XERAL.



17 feb 2020

3ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Nesta ocasión foron os nenos e nenas do CEIP Quintela os que visitaron o noso colexio para compartir unha mañá chea de deporte cos nosos alumnos e alumnas de 5º curso. 
Comezamos con baloncesto, despois fixemos bádminton, balonmán e fútbol sala.
Deixámosvos unhas fotos para que poidades ver o ben que o pasaron os rapaces e rapazas.

Fai clic na imaxe para ver máis.


9 feb 2020

ECO-MISIÓN DE XANEIRO






Unha das misións deste mes de xaneiro é o aforro da enerxía eléctrica e mellorar o consumo de luz no colexio.Para elo fixemos carteis propoñendo medidas cara cumprir os obxetivos que Buli propuxo.





6 feb 2020

REVITALIZA ,QUEN VIVE AI?

 A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son uns dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares supón actuar nas escolas para concienciar naa necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formarlos no respeto polo medio.

Coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, realizarase a identificación de invertebrados presentes no composteiro, sinalando a súa función no proceso da compostaxe. Participaron neste proxecto todos os cursos.







2 feb 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

No día escolar da paz e da non violencia, 30 de xaneiro, desde o noso centro puxémonos mans á obra para ensinarlles aos nenos e nenas a importancia deste día, compartindo unha serie de lecturas recomendadas de libros de esta temática, expostos na biblioteca, e que poden levar aos seus fogares.




Outra actividade que se realizou , na biblioteca, foi a lectura do conto "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ". Nesta ocasión foi Luis, o pai de Lucas de segundo, o que leu o conto.







A continuación podedes ver a actuación dos nosos nenos e nenas.