UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

19 dic 2018

NADAL 2018

Esta semana comezamos a preparar o Nadal, actividades, concurso de contos, elaboración de postais, visita de Papa Noel...... e moitas máis sorpresas.


POSTAIS

Como todos os anos propuxéronse a elaboración de postais e de mensaxes de Nadal aos alumnos e alumnos do colexio. De todas elas escollerase unha para felicitar a toda a comunidade educativa, institucións, colexios da comarca ..... POSTAL E MENSAXE

A postal elixida foi a de o alumno de 6º, Iker Calvo







A mensaxe  elixido foi o do alumno de 4º, Diego García Rial.




VISITA DE PAPÁ NOEL
Como todos os cursos, Papá Noel visitou o colexio de Riomaior, agasallando a todos os alumnos e alumnas co que máis lle gusta a Buli: libros para todos os nenos e nenas. GRACIAS PAPÁ NOEL!


















FESTIVAL DE NADAL


TEATRO " MARUJA MALLO"





NENOS E NENAS DE 6º




NENOS E NENAS DE 5º




NENOS E NENAS DE 2º




NENOS E NENAS DE 1º




NENOS E NENAS DE 4º



NENOS E NENAS DE 3º


RECREOS DE CONTO

Spencer, o auxiliar de conversa, contou para todos os alumnos e alumnas do colexio, no salón de actos, este conto:






RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Aconsellamos ao noso alumnado incluir a lectura dentro das súas peticións aos Reis Magos. 
Boas festas a todos e un novo ano  cheo de lecturas. 





GALEG@ARTE DE NADAL

No rincón de ENDL/BIBLIOTECA "GALEG@ARTE" fixemos unha recopilación de vocabulario de Nadal, palabras como  aninovo, noitevella, apertas, larpeiradas... encheron o mural con estrelas. 





Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron no concurso de "Contos de Nadal" expostos no mural de Galeg@rte. O xurado  foron os nenos e nenas de 1º,2º,3ºe 4º






 OS CONTOS ELIXIDOS FORON:







A ALUMNA DE 5º,  "NOITE ESTRELADA" CO CONTO "A PERLA DO NADAL".












O ALUMNO DE 5,º "FELERPA" CO CONTO  "SNOWMANCE".










O ALUMNO DE 6º,  "DENTE DE LEÓN", CO CONTO "O NADAL CHEGOU O CUMIO DA MONTAÑA".







A ALUMNA DE 6º "MELODY 21",CO CONTO "NEVIMAR"






Premio especial elixido pola mascota da biblioteca, Buli, ao conto "O Nadal no mundo ao revés" escrito por "Abel Patata".









Todos os premiados recibiron un agasallo e un Buli de premio.


15 dic 2018

RECREOS DE CONTO




VISITA DOS ALUMNOS/AS AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Dentro do programa educativo do museo de Pontevedra para o curso 2018-19, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron un percorrido por a pintura de artistas galegos , Colmeiro, Manuel Quiroga, Mendal , Lugrís.....Tamén visitaron a exposición da vida e a obra de Castelao, caricaturista, pintor, escritor un home moi comprometido coa Galicia do seu tempo.



2 dic 2018

UNHA VIAXE POLO RETRATO DO SÉCULO XIX

O museo de Pontevedra, dentro do seu programa educativo, presenta a actividade " Unha viaxe polo retrato do século XIX", que consiste que a través dunha ficha didáctica os nenos e nenas achéganse o xénero do retrato a partir das obras do século XIX, e a sua importancia na historia da arte: quen se retrataba, técnicas que se utilizaban, autores......Nesta actividad participaron os nenos e nenas de 4º.