UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

25 nov 2018

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste curso para conmemorar o "Día da NON violencia de xénero" fixemos varias actividades no colexio. 

Colaboramos con mais de 70 centros educativos de toda Galicia,  dentro da campaña #EQUALITER, con un proxecto audiovisual e un mural feito coas mans de cada un dos nenos e nenas do colexio, co fin de poñer o noso gran de area nesta conmemoración.        















Buli invitou a todos os alumnos e alumnas do colexio á proxección dun video realizado integramente polo alumnado de 6º curso, e coa colaboración dos nenos/as de 5º, sobre a "Non Violencia de Xénero", onde podemos disfrutar da canción "LA PUERTA VIOLETA " de Rozalén,  interpretada por varios alumnos/as de 6º.










Así mesmo, esta mesma canción foi interpretada e  posta en escea, pola totalidade do alumnado de 6º curso, durante a mesma xornada e para todo o alumnado, no salón multiusos do centro.





Os alumnos de 5º e 6º recibiron  unha charla da Garda Civil sobre a Violencia de Xénero.


23 nov 2018

DA RAZÓN DE GOYA AOS MOSTRUOS DE DALÍ

Os alumnos de 3º e 4º visitaron en Pontevedra, a exposición "da razón de Goya aos monstros de Dalí", na que lles explicaron as diferentes características da pintura de cada artista, buscando as similitudes e diferenzas da súa obra.
Mediante diversos recursos plásticos e a participación activa do alumnado, divertímonos moito atrapando aos monstros de Dalí coa axuda das pinturas de Goya.

Todos os nenos e nenas participaron nunha actividade, en grupo, dun grabado en soporte de acetato.


RECREOS DE CONTO




6 nov 2018

RECREOS DE CONTO











GALEG@RTE DE OUTONO



Crease o rincón ENDL coa colaboración  biblioteca, de GALEG@ARTE, co fin de facer unha recopilación de  vocabulario, refráns, panxoliñas, cantigas...sobre o tema reitor 
A PINTURA
No outono dedicámoslle o VOCABULARIO sobre a arte palabras como paleta, estilo, deseño, acuarela, gótico óleo.....