30 abr 2026

SAÍDA DE 6º AO CIFP CARLOS OROZA EN PONTEVEDRA.


O alumnado de 6º visitou o  Centro integrado de formación profesional, Carlos Oroza, en onde se imparten: Ciclos medios e superiores de Hostalería. Panadería, Repostería e Confeitería, Cociña e Gastronomía, Ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas e Xestión de Aloxamentos turísticos, Formación Profesional Básica.


VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO CIFP CARLOS OROZA de bibliotecariomaior riomaior

29 abr 2026

PRIMEIRO BUSCA A CALMA CON SARA.

 

Os alumnos de primeiro con axuda de Sara, demóstrannos que, cun pouco de práctica e moita ilusión, poden iniciarse en practícaa do ioga. Non vos perdades este vídeo onde os nosos "pequenos mestres" ensínannos as rutinas de relaxación e movementos que estiveron practicando.
IOGA CON SARA de bibliotecariomaior riomaior

27 abr 2026

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR.

 



O apadriñamento lector é unha actividade de animación á lectura programada na que alumnos de cursos superiores, convértense en padriños/madriñas dos alumnos de cursos inferiores para compartir momentos de lectura.



Apadriñamento lector de bibliotecariomaior riomaior

24 abr 2026

DÍA DO LIBRO : SÚBETE AO PODIO DA LECTURA.

 

Para conmemorar o día de libro, o noso alumnado tivo que ser ilustrador de libros por un día creando portadas inspiradas no mundo do deporte.


Día do libro de bibliotecariomaior riomaior

23 abr 2026

CLASES DE ACROSPORT EN 6º


 O Acrosport é un deporte cooperativo que require certo control do corpo, fomenta o compañeirismo e prima a creatividade dos participantes a través das formacións grupais ou pirámides e a utilización da música. Deporte que combina acrobacia e coreografía. O alumnado de 6º estivo esta semana practicando este deporte con Lara, mestra de Educación Física.


ACROSPORT de bibliotecariomaior riomaior

COBRES NAS ONDAS: FINALISTAS NO CONCURSO DE RADIO ESCOLAR JOSÉ HERMIDA.

 

Vinte centros educativos das provincias de Pontevedra e a #o Coruña son os finalistas da segunda edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar que organiza o grupo Radio Pontevedra.

O xurado, formado por 22 profesionais da comunicación, seleccionou os mellores traballos entre o 117 podcast que se presentaron a concurso nesta segunda edición. Entre os finalistas atópase o noso colexio, que participaron el alumnado de 5º cun podcast titulado "Descubre Vilaboa" 




16 abr 2026

O NOSO HORTO

 

O alumnado de 3º e 4º estiveron plantando no horto: cenorias, leitugas, acelgas......Puxeron todo o empeño, esperemos que a cosecha sexa boa!!!


O noso horto de bibliotecariomaior riomaior

PLANTAS AROMÁTICAS

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º estiveron esta mañá plantando, estiveron sembrando nos bancales plantas aromáticas: tomiño, lavanda,, menta....


PLANTAS AROÁTICAS de bibliotecariomaior riomaior

CHARLA SOBRE A PUBERDADE A 5º E 6º.

 

Hoxe a orientadora, Paula reuniuse co alumnado de 5º e 6º para falarlles sobre os cambios que se producen na etapa da vida da  puberdade.







FINALISTA DO CONCURSO " DESEÑA UNHA XOIA PARA TÚA NAI"

 A Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiería de Galicia  convocan a XVI edición do certame escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai. Dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (0–12 anos), o certame propón un reto creativo sinxelo e poderoso: deseñar a xoia que lles gustaría regalar ás súas nais polo Día da Nai. No noso colexio quedou finalista deste concurso:

 LEIRE ESPAÑA GÓMEZ.



III CONGRESO DE INCLUSIÓN.

 

As nosas mestras, Lara y Paula,  tiveron esta semana a oportunidade de participar  no III Congreso de Educación Inclusiva organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, onde compartiron o traballo sobre prácticas de inclusión, que levamos a cabo no noso colexio.





15 abr 2026

VISITA DO ALUMNADO DE 5º A PONTEVEDRA.


 O alumnado de 5º pasou a mañá de hoxe en Pontevedra.  Visitaron a praza da Verdura, a da Leña, Menéndez Núñez,  Ferrería....Para finalizar esta visita pola cidade achegáronse ao campo de fútbol onde estaba a adestrar o Pontevedra CF. Visitaron as instalacións e asistiron aos adestramentos do equipo.

VISITA A PONTEVEDRA ALUMNADO DE 5º de bibliotecariomaior riomaior

9 abr 2026

VIAXE Á LÚA DOS NENOS E NENAS DE 1º.

Esta semana o alumnado de 1º traballou a noticia da misión "Artemis 2" da NASA. Partimos do visionado de noticias dixitais para coñecer este tipo de formato de texto. Tamén reflexionamos sobre o que é a cara oculta la Lúa e o seu movemento como satélite da Terra. Logo elaboramos en equipos as nosas propias noticias sobre este grande acontecemento, e finalmente fomos contar ás outras clases toda a información. O mais importante foi espertar a nosa curiosidade sobre o Universo no que vivimos. 


VIAXE Á LÚA de bibliotecariomaior riomaior