UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

28 mar 2019

TALLERES DA CLASE DE TERCEIRO


Cupcakes


Nesta última semana tivemos a sorte de contar na aula con Tania, a mamá de Aroa, coa que disfrutamos de un fantástico taller de cupcakes. Encantounos a actividade. Dámoslle as grazas a Tania e convidámola a volver a aula cando queira.



Taller de xabóns

O xoves pasado Estela, a mamá de Laura, veu á aula para realizar un taller de xabóns. Xunto a ela pasamos unha mañá estupenda, xa que fabricamos uns xabóns moi orixinais, e todo iso con ingredientes naturais:  aloe vera, iogur grego,  glicerina, aceite de coco, lavanda... Non só nos encantou facelos senón que ao día seguinte, cando xa endureceran e puidemos levalos a casa, foi un momento de gran satisfacción ao ver as bonitas formas que adquiriran nos  moldes e o cheiro tan agradable que desprendían. Dámoslle as grazas a Estela polo taller.



Taller antifaces



Coincidindo coa época de Entroido, Gloria (a nai de Ania) e Beni (a nai de Marta) ofrecéronnos un taller de antifaces que nos gustou moito. Coa silueta das nosas propias mans diseñamos  o antifaz. Logo o decoramos ao noso gusto. Pasamos unha xornada moi entrentenida e desenvolvemos a nosa creatividade a tope. Moitísimas grazas a estas dúas mamás polo seu tempo e o seu traballo.

27 mar 2019

TALLER DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA



No marco dos contratos-programa 2018/19 para a mellora da concivencia, plantexamos a necesidade da mediación para a resolución de conflictos. A través da "Asociación Deiversidade" impartíronse  unhas sesións encamiñadas a iniciar a formación en mediación. Esta actividad desenvolveuse da seguinte maneira:





 Cos grupos de 1º e 2º traballaron partindo do conto "O monstro de cores :
- Xogaron a facer grupos buscando aos compañeiros/ as que tivesen o mesmo monstro emocional con eles.
-Realizaron o quebracabezas do monstro de cores, aprendendo así a identificar as características principais de cada emoción e a expresión emocional correspondente. Cada grupo tivo que representar a través da  mímica a emoción que lles tocaba.
-Traballaron a regulación emocional
-Repartíronse murais e ceras e, en grupo, foron debuxando e expresando a través do compoñente artístico cada emoción.








3º e 4º de primaria proxectouse o vídeo “Saúda ás emocións de De o revés”. O obxectivo era identificar as emocións a través de personaxes que coñecesen ben.
-Xogaron a facer grupos, con tarxetas dos cinco personaxes emocionais e tiveron que representar por  mímica a súa emoción. 
- Xogaron a “O bingo das emocións”, con este xogo, pretendíase a aumentasen  o seu repertorio emocional e ao mesmo tempo identificar cada emoción coa súa expresión facial correspondente.
-Dedicouse o resto da sesión ás dinámicas da mediación, na que se proxecto un vídeo clarificador sobre mediación escolar e a dinamizadora foi explicando paso por paso e resolvendo todas as dúbidas o vídeo en cuestión. A continuación fíxose un pequeno debate para clarificar dúbidas e afianzar todos os conceptos da mediación.





5º e 6º de primaria
Comezou a sesión cunha introdución informativa do obxectivo da sesión, traballar e mellorar a mediación a través da xestión emocional e do coñecemento dos tipos de conflitos e o momento adecuado para xestionalos, tendo en conta as emocións propias e alleas.
-Dividiuse aos nenos por grupos, repartindo as fichas cos personaxes de “Do revés”, pedíuselles que representasen a través da  mímica os personaxes repartidos, para poder atopar ao seu grupo.
-Proxectáronse vídeos sobre a  empatía 
-Proxectouse un vídeo da mediación escolar.
-Ampliouse a información sobre mediación, normas e principios da mesma, trucos para mellorala, que é e que non é  mediable, en que momentos e en base a que é máis propicio levala a cabo e máis efectivo, e as características dun bo mediador.




21 mar 2019

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía, de acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxetivo desta acción é apoiar a diversidade lingüstica a través da expresión poética.
Este curso levamos a cabo unha actividad entre xeneracións preciosa. 
Estivo acompañando este acto, Ismael Cabaleiro, co seu violín 


Contamos ca visita de varios anciáns do Centro Residencial Pontevedra destinado a terceira idade os cales recitaron poemas de  Antonio Machado, José Saramago e Gloria Fuertes.



Os alumnos de 6º recitaron poemas de Manuel María e os de 5º a partir de debuxos d Castelao,os cales colorearon, fixeron seus propios poemas.





































20 mar 2019

ST PATRICK¨S DAY

O 17 de marzo celébrase o día de  San Patricio, patrón de Irlanda. O que comezou como unha celebración relixiosa transformouse nunha festa popular e multitudinaria onde a cor verde, os trevos e as cervexas son parte distintiva do festexo.

Pero non só celébrase en Irlanda, de feito a comunidade irlandesa que existe ao redor do mundo aproveita a ocasión para festexalo ao grande. E é que no século  XIX moitos irlandeses emigraron para evitar a fame negra, e levaron consigo as súas tradicións, entre elas a mundialmente coñecida,  St. Patrick’ s  Day.
BULI tamén quixo celebrar este día e pideulle a Spencer, o auxiliar de conversa, que nos contase un conto.








11 mar 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller, orixinariamente coñecido como "Día Internacional da Muller Traballadora", conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade de xénero e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. 
Para conmemorar este día, Buli colocou no corredor da entrada, unha exposición de libros e un mural en galego, castelán e inglés, no que se pregunta :

-SOY MUJER Y HAGO.....
-SON MULLER E FAGO.....
-I´M A WOMAN AND I CAN......







Outra actividade na que participaron os alumnos e alumnas do colexio, foi unha proposta do concello de Vilaboa, "TI ES A NOSA PROTAGONISTA" :


As bases para participar son :
-Ser muller  que nacera , teña residido ou resida no concello de Vilaboa.
-Propoñela como candidata para esta homenaxe. 
-Que a súa historia de vida persoal, social, familiar ou profesional servira ou fora exemplo para romper esterotipos de xénero, ou contribuíra ao empodaramento das mulleres.


Mais tamén queremos que sexa un día de festa, da festa da igualdade entre homes e mulleres que non somos nin máis nin menos senón iguais. E como en todas as festas acompáñanos a música, aquí tedes unha escolma de cancións sobre o tema:








3 mar 2019

ENTROIDO 2019

O Entroido no colexio de Riomaior comenza co pregón, que este ano estivo a cargo de Ánxel Huete, coñecido pintor veciño de Vilaboa e tamén profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo .



   

Despois do pregón, os nenos e nenas de 5º e 6º, vestidos cos traxes típicos da zona, tan vistosos e coloridos,  fixeron unha demostración dos bailes tradicionais do Entroido de Cobres.






De seguido, comeza o xuízo e a nosa particular  "CORRIDA DO GALO VENANCIO", onde as nenas e os nenos o acusarán dos males acaídos durante o ano.





galo  comparece ante o Xuíz para escoitar as acusacións dos fiscais de cada curso e os avogados defensores en nome de Buli, proclaman as virtudes do galo, solicitando o indulto.
Antes de executarse a sentenza o GALO é perseguido polos nenos e nenas de primeiro ata ser desplumado.






 Todos os cursos prepararon un baile relacionado co tema reitor: A PINTURA.


-1º PINTORES e a "MUCHACHA DE LA PERLA" (VERMEER).





-2º  "PINTORES DE BROCHA FINA"




3º "DALÍ"




4º "VELÁZQUEZ E AS MENINAS"




5º "FRIDA KHALO E DIEGO RIVERA"




-6º "O MERCADO" (COLMEIRO).





Para rematar, volve a saír o xuíz para dar lectura do testamento e acordar, por votación popular, se o galo é culpable e débese converter en borralla purificadora ou se hai que indultalo.
Este ano o GALO VENANCIO foi: QUEIMADO.




1 mar 2019

GALEGA@RTE DE ENTROIDO

No noso equipo de ENDL/BIBLIOTECA seguimos traballando e nesta ocasión, realizamos unha recopilación de información sobre o entroido tradicional de algunhas localidades galegas.


- O alumnado de 1º traballou o "ENTROIDO DE XINZO"





-Os alumnos e alumnas de 2º investigaron sobre "OS XENERAIS DO ULLA"




-3º preparou o "ENTROIDO DE VERÍN".





4º realizou unha presentación sobre o "ENTROIDO DE COBRES".




-5º traballou o "ENTROIDO DE MANZANEDA".





-6º Realizou un traballo cooperativo sobre o "ENTROIDO DE LAZA"