UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

11 mar 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller, orixinariamente coñecido como "Día Internacional da Muller Traballadora", conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade de xénero e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. 
Para conmemorar este día, Buli colocou no corredor da entrada, unha exposición de libros e un mural en galego, castelán e inglés, no que se pregunta :

-SOY MUJER Y HAGO.....
-SON MULLER E FAGO.....
-I´M A WOMAN AND I CAN......







Outra actividade na que participaron os alumnos e alumnas do colexio, foi unha proposta do concello de Vilaboa, "TI ES A NOSA PROTAGONISTA" :


As bases para participar son :
-Ser muller  que nacera , teña residido ou resida no concello de Vilaboa.
-Propoñela como candidata para esta homenaxe. 
-Que a súa historia de vida persoal, social, familiar ou profesional servira ou fora exemplo para romper esterotipos de xénero, ou contribuíra ao empodaramento das mulleres.


Mais tamén queremos que sexa un día de festa, da festa da igualdade entre homes e mulleres que non somos nin máis nin menos senón iguais. E como en todas as festas acompáñanos a música, aquí tedes unha escolma de cancións sobre o tema:








No hay comentarios:

Publicar un comentario