UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 mar 2019

TALLER DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA



No marco dos contratos-programa 2018/19 para a mellora da concivencia, plantexamos a necesidade da mediación para a resolución de conflictos. A través da "Asociación Deiversidade" impartíronse  unhas sesións encamiñadas a iniciar a formación en mediación. Esta actividad desenvolveuse da seguinte maneira:





 Cos grupos de 1º e 2º traballaron partindo do conto "O monstro de cores :
- Xogaron a facer grupos buscando aos compañeiros/ as que tivesen o mesmo monstro emocional con eles.
-Realizaron o quebracabezas do monstro de cores, aprendendo así a identificar as características principais de cada emoción e a expresión emocional correspondente. Cada grupo tivo que representar a través da  mímica a emoción que lles tocaba.
-Traballaron a regulación emocional
-Repartíronse murais e ceras e, en grupo, foron debuxando e expresando a través do compoñente artístico cada emoción.








3º e 4º de primaria proxectouse o vídeo “Saúda ás emocións de De o revés”. O obxectivo era identificar as emocións a través de personaxes que coñecesen ben.
-Xogaron a facer grupos, con tarxetas dos cinco personaxes emocionais e tiveron que representar por  mímica a súa emoción. 
- Xogaron a “O bingo das emocións”, con este xogo, pretendíase a aumentasen  o seu repertorio emocional e ao mesmo tempo identificar cada emoción coa súa expresión facial correspondente.
-Dedicouse o resto da sesión ás dinámicas da mediación, na que se proxecto un vídeo clarificador sobre mediación escolar e a dinamizadora foi explicando paso por paso e resolvendo todas as dúbidas o vídeo en cuestión. A continuación fíxose un pequeno debate para clarificar dúbidas e afianzar todos os conceptos da mediación.





5º e 6º de primaria
Comezou a sesión cunha introdución informativa do obxectivo da sesión, traballar e mellorar a mediación a través da xestión emocional e do coñecemento dos tipos de conflitos e o momento adecuado para xestionalos, tendo en conta as emocións propias e alleas.
-Dividiuse aos nenos por grupos, repartindo as fichas cos personaxes de “Do revés”, pedíuselles que representasen a través da  mímica os personaxes repartidos, para poder atopar ao seu grupo.
-Proxectáronse vídeos sobre a  empatía 
-Proxectouse un vídeo da mediación escolar.
-Ampliouse a información sobre mediación, normas e principios da mesma, trucos para mellorala, que é e que non é  mediable, en que momentos e en base a que é máis propicio levala a cabo e máis efectivo, e as características dun bo mediador.




No hay comentarios:

Publicar un comentario