UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

24 jun 2019

DESPEDIDA DOS COLABORADORES DE BULI

Remata o curso, coma todos os anos, non podemos deixar de facer público o agradecemento o grupo  de 5º , como colaboradores, pois foron unha peza imprescindible no funcionamento da biblioteca. Recibiron un agasallo e un Buli como recoñecemento da sua labor.


19 jun 2019

XORNADA DE CONVIVENCIA

Coma todos os anos todo o colexio, alumnoa/as e mestres /as, participamos nunha xornada de convivencia .

VISITA O CLUB NÁUTICO COBRES

Esta semana os nenos de 4º, 5º e 6º visitaron o Club Náutico Cobres, onde estiveron acompañados polos monitores do club Yael, Fede e Alfonso e os nenos e nenas do colexio que xa practican este deporte e tamén fixeron de monitores. Todos os  alumnos e alumnas do centro distrutaron dunha maña diferente onde coñeceron un pouco máis de cerca o piragüismo, deporte que se practica moito nesta zona.








PREMIOS DO PROGRAMA ATRÉVETE

A Conselleira de Educación, Carme Pomar, presidiu a entrega de premios do programa" Arevéte" enmarcado no plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia EDUEMPRENDE, que ten como obxetivo fomentar, motivar e sensibilizar o espíritu emprendedor. 
Cecilia e Mauro alumnos de 6º en colaboración co CIFP Carlos Oroza  resultaron galardonados na convocatoria do curso 2018/19.