UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 oct 2022

XOGOS POPULARES

 Todos os cursos , o día do magosto, a mestra de Educación Física, prepara unha serie de xogos populares para que o alumnado participen e gocen. 

Este día non só gozaron os nenos e nenas, tamén os pais que despois do parón da pandemia,puideron estar presentes e  gozaron máis que os seus fillos/as.


28 oct 2022

SAMAWEEN 2022: CABAZAS





 

RADIOEMOCIÓNATE


A asociación ondiñas de radio e posdcast organiza, durante este curso o proxecto RADIOEMOCIÓNATE" dirixido a centros educativos de primaria e secundaria, coa colaboracion de Si radio de Galicia, e a Consellería de cultura, Educación e ordenación Universitaria.

O noso colexio foi seleccionado para gravar en directo un programa de radio, no que participaron os nenos e nenas de 6º, 5º e 4º, facendo as entrevistas dirixidas pola locutora Amparo Rodríguez Ojea.



A segunda entrevista, esta telefónica, foi a Sheila Patricia, compositora e cantautora, que vive no noso concello.


Tivemos a sorte de que entrara en directo, Carlos Nuñez, considerado internacionalmente como un músico extraordinario, un dos máis serios e brillantes do mundo.Foi o alumnado de 6º o encargado de facer a entrevista.



Tamén entrevistaron a Daniel Figueira, director da banda de música de Vilaboa.


E para rematar, os mestres Carmen Negro, Bea Somoza e Emilio Taboada foron entrevistados por Amparo Rodríguez.


27 oct 2022

26 oct 2022

VISITA AO FORNO DA CAL DO ALUMNADO DE 6º

 O Concello de Vilaboa quere recuperar o Forno do Cal situado en San Adrián de Cobres. Trátase dun elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa

O proxecto  inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento da contorna e a posta en valor do mesmo.

Hoxe os alumnos/as de 6º do noso colexio e os do Toural, visitaron as obras de restauración  do "Forno da  Cal ".  

Estivemos acompañados por César Poza, o noso alcalde, e polos encargados das obras, quenes  explicaron  como se levaban a cabo as tarefas de restauración.


23 oct 2022

PREPARAMOS O SAMAWEEN: ACTIVIDADES












RECOMENDACIÓNS LECTURAS DO SAMAWEEN

 Nenos e nenas aquí tedes algúns dos  libros que Buli recoméndavos para este SAMAWEEN. 

ATOPÁRDELOS TODOS  NA BIBLIOTECA

MERGÚLLATE NA LECTURA: EL NIÑO QUE NO QUEÍA SER AZUL, LA NIÑA QUE NO QUERÍA SER ROSA

 

A Celestino regálanlle avións azuis, dorme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo dille que é o máis azul de todos os nenos e que casará coa máis rosa de todas as nenas, como debe ser! Pero e se el non quere só un mundo azul, e a princesa dos seus soños non é rosa.


20 oct 2022

TALLER REVITALIZA PARA 1º E 2º

 



A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares, supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio.

O alumnado de 1º e 2º participarón neste obradoiro co "xogo da miñoca" Actividade deseñada e desenvolvida de xeito lúdico e ameno a mediante un xogo nun taboleiro xigante, os conceptos básicos dá compostaxe a alumnado.








19 oct 2022

CHARLA ÉRGUETE PARA 6º

O alumnado de 6º tivo unha charla da asociación Érguete, sobre as adiccións ós video-xogos e as redes sociais. Explicáronlle o porqué unha persoa se fai adicta e os perigros que conleva.
Todo o alumnado participou con moito interese e xurdiron preguntas moi interesantes, que a relatora Pilar contestoulle  con entusiasmo.








CHARLA SOBRE AS EMOCIÓNS EN 5º

 Hoxe a primeira hora o alumnado de 5º participou nun obradoiro sobre as emocións, dirixido por Raquel Pedrousa. 

Faloulle sobre a convivencia e benestar emocional, para que os nenos/as sepan identificar e xestionar as emocións, ca finalidade de mellorar o clima da aula.  


COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS: VISITA AO PARLMENTO

O obxectivo deste programa, denominado Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

Oalumnado de 5º e 6º desplazouse a Santiago, no día de onte, para participar neste programa.








9 oct 2022

MERGÚLLATE NA LECTURA

Esta actividade consiste en que os mercóres e os vernes  tedes a posibilidade de ler un conto aos vosos compañeiros, na biblioteca.





BUZÓN DE BULI

 

Como xa sabedes, cada ano traigo  algunha  sorpresa para a niña casiña, para que vos sintades mellor nela .E este curso non iba ser menos, merquei un buzón novo , para que botedes as vosas cartas nas que podedes expresar as vosas alegrías, dúbidas, preocupacións ou calquera cousa que querades consultar. Eu intentarei  contestarvos o antes posible.

 “ Se tes algún problema…Buli resolve o teu dilema”







CHARLA : ÉRGUETE PARA O ALUMNADO DE 6º


 O alumnado de 6º comenzou esta semana un obradoiro, que continuarán nas próximas semanas, sobre prevención e promoción sa saúde. Co título "Saúde na escola"tratouse o tema sobre  da adicción ás drogas.



6 oct 2022

CONTACONTOS :VERO RILO

 Con motivo da apertura da biblioteca recibimos no colexio a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao alumnado e profesorado encantado .

Contou diferentes historias como "Velliñas"," Leite".....

todos eles foron contados e acompañados de cancións e de linguaxe de signos.

MOITAS GRACIAS VERO.



















PRESENTACIÓN DOS COLABORADORES DE BULI

  TODOS OS ANOS , BULI PRECISA DE QUE LLE AXUDEN A TER A SÚA CASA EN ORDEN. POR ISO NOMBRA TODOS OS CURSOS AOS SEUS COLBORADORES, OS ALUMNOS/AS DE 5º. 


APERTURA DA BIBLIOTECA



 ESTE É O CARTEL, QUE BULI PREPAROU  PARA O  DÍA DA APERTURA DA BIBLIOTECA PARA TODO O ALUMNADO.

5 oct 2022

QUEN É O PERSOAXE MISTERIOSO???

 O PROXECTO DA BIBLIOTECA QUE ESTÁ INCLUÍDO EN NEWCOBRES ESTÁ BASEADO NUN AUTOR QUE ESCRIBIU MOITOS LIBROS DE AVENTURAS.

HOXE PRESENTOUSE O VÍDEO PARA DESCUBRIR QUEN É ESTE ESCRITOR, CASI TODOS OS NENOS E NENAS ACERTARON QUEN ERA.

PRESENTACIÓN NEWCOBRES: TAREFA 2

 

Comezamos a segunda tarefa do proxecto "NEWCOBRES" a súa duración será desde o 5-6 de outubro ata o 2-3 de novembro.