UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 may 2015

ENCONTROS CO AUTOR: Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe, invitado pola nosa biblioteca, achegouse ata Riomaior Miguel Ángel Diz. Veu falar con nós sobre os seus libros e explicarnos como se fai un libro. Na actualidade ten catro libros publicados de literatura infantil e xuvenil. É unha persoa entrañable, moi implicada na defensa da nosa lingua e en todo canto considera necesario para unha boa formación dos nenos e nenas . Ama a literatura e amosa moita ilusión cando di que tan só quere a felicidade dos seus lectores e lectoras. Todos os cursos pasamos pola sala de usos múltiples e aprendemos unha chea de cousas, a máis importante, que temos que soñar e cumprir os nosos soños para seren felices. Grazas polo teu tempo e polos teus sabios consellos, Miguel.