UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

28 ene 2024

VISTA Á XUNTA E O PARLAMENTO DE GALICIA

 O alumnado de 5º e 6º foron o venres a Santiago de Compostela, a visitar as instalacións do Parlamento e a Xunta de Galicia.


26 ene 2024

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA.

O alumnado de 3º, 4º 5º E 6º participaron nun obradoiro de circulación viaria impartido polo policía local de Vilaboa, Javier, moi coñecido por todos os nenos e nenas. Explicoulle os distintos  tipos de sinais que existen e que se poden ver no noso día a día, as precaucións que se deben tomar a hora de andar  andar en bicicleta, e moitas cousas máis todas elas moi interesantes.








24 ene 2024

10 ene 2024

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS PELLETS DOS NENOS DE 1º

 Esta semana os nenos e nenas de primeiro estivemos informándonos sobre o que aconteceu nas praias de Galicia. A profe trouxo á clase pellets de plástico que recolleu na praia do Vilar en Corrubedo.

E foi moi interesante!!!

Aprendemos que os pellets flotan na auga, que son de plástico e que contaminan. Tamén vimos varias noticias en internet, un video sobre os cargueiros e como transportan as mercadorías polo mar.

Finalmente escribimos as nosas propias noticias para logo expoñelas polas demais clases.

Canto aprenderon, os nosos cativos e cativas de primeiro!!!!