UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

10 ene 2024

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS PELLETS DOS NENOS DE 1º

 Esta semana os nenos e nenas de primeiro estivemos informándonos sobre o que aconteceu nas praias de Galicia. A profe trouxo á clase pellets de plástico que recolleu na praia do Vilar en Corrubedo.

E foi moi interesante!!!

Aprendemos que os pellets flotan na auga, que son de plástico e que contaminan. Tamén vimos varias noticias en internet, un video sobre os cargueiros e como transportan as mercadorías polo mar.

Finalmente escribimos as nosas propias noticias para logo expoñelas polas demais clases.

Canto aprenderon, os nosos cativos e cativas de primeiro!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario