19 oct 2026

FORMACIÓN 6º: SAÚDE NA ESCOLA.

 

O alumnado de 6º participou un ano máis nas charlas informativas da asociación Érguete: "Saúde na escola".
Con elas promóvese un estilo de vida saudable e a concienciación sobre os riscos que con leva o consumo de substancias.

ÉRGUETE 6º de bibliotecariomaior riomaior

7 oct 2026

VISITA A "NATURNOVA" DO ALUMNADO DE 1º E 2º-.



Naturnova é unha aventura interactiva onde os peques de 1º e 2º de Primaria descubriron os segredos da Terra.Para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, este espazo non é un museo normal: é un laboratorio máxico de experimentos onde se converten en auténticos científicos e exploradores da natureza.

A través de xogos, pantallas táctiles e luces, os máis pequenos viaxaron polo espazo para ver como nacen as estrelas, descubriron como se forma un tornado e aprenderon como coidar do noso planeta dun xeito que xamais esqueceran.
O momento máis emocionante? Cando se subiron a bordo dun submarino de verdade! Un simulador que os leva a mergullarse no fondo da Ría de Vigo.

NATURNOVA 1º-2º de bibliotecariomaior riomaior

CHARLA DE EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA PARA 6º.


 A educación cívico-tributaria é unha iniciativa pedagóxica que ensina aos cidadáns, desde idades temperás, cal é o papel real dos impostos na sociedade. Lonxe de verse como unha obriga incómoda, o seu obxectivo é transmitir que os tributos son a ferramenta fundamental para financiar os servizos públicos e soster o Estado do benestar.



AXENCIA TRIBUTARIA 6º de bibliotecariomaior riomaior

5 oct 2026

APERTURA DA BIBLIOTECA.


 Benvidas e benvidos un ano máis ao espazo máis vivo do noso colexio: a biblioteca escolar. Para arrancar este curso con toda a forza, hoxe queremos facer unha mención especial a quen fai posible que a biblioteca  funcione cada día: os nosos colaboradores e colaboradoras de Buli.

E para que a lectura non se quede só entre estas catro paredes... ¡Arrancan de novo as nosas Mochilas Viaxeiras! Unha iniciativa feita para viaxar aos vosos fogares, cheas de libros marabillosos dispostos a compartir momentos máxicos en familia.


COLABORADORES DE BULI de bibliotecariomaior riomaior


MOCHILAS VIAXEIRAS de bibliotecariomaior riomaior