7 oct 2026

VISITA A "NATURNOVA" DO ALUMNADO DE 1º E 2º-.



Naturnova é unha aventura interactiva onde os peques de 1º e 2º de Primaria descubriron os segredos da Terra.Para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, este espazo non é un museo normal: é un laboratorio máxico de experimentos onde se converten en auténticos científicos e exploradores da natureza.

A través de xogos, pantallas táctiles e luces, os máis pequenos viaxaron polo espazo para ver como nacen as estrelas, descubriron como se forma un tornado e aprenderon como coidar do noso planeta dun xeito que xamais esqueceran.
O momento máis emocionante? Cando se subiron a bordo dun submarino de verdade! Un simulador que os leva a mergullarse no fondo da Ría de Vigo.

NATURNOVA 1º-2º de bibliotecariomaior riomaior

No hay comentarios:

Publicar un comentario