Benvidas e benvidos un ano máis ao espazo máis vivo do noso colexio: a biblioteca escolar. Para arrancar este curso con toda a forza, hoxe queremos facer unha mención especial a quen fai posible que a biblioteca funcione cada día: os nosos colaboradores e colaboradoras de Buli.
E para que a lectura non se quede só entre estas catro paredes... ¡Arrancan de novo as nosas Mochilas Viaxeiras! Unha iniciativa feita para viaxar aos vosos fogares, cheas de libros marabillosos dispostos a compartir momentos máxicos en familia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario