20 jun 2026

GRADUACIÓN DE 6ºEP.


 Os nosos mozos e mozas de 6º de Primaria celebraron o seu fin de etapa cun acto inesquecible rodeados de profesores, compañeiros e familias.

Foron seis anos de moito esforzo, aprendizaxes, excursións e, sobre todo, de construír amizades que durarán para sempre. Agora toca mirar cara adiante con moita ilusión, porque a Secundaria está chea de novos retos que, estamos seguros, ides superar con nota.



GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-2026 de bibliotecariomaior riomaior



UNHA MIRADA ATRÁS de bibliotecariomaior riomaior

18 jun 2026

FESTA DA AUGA


 O patio do noso colexio transformouse no escenario da xornada máis refrescante e agardada do ano: a Festa da Auga, organizada con moito agarimo pola ANPA, absolutamente todos os nenos e nenas do centro sumáronse á aventura con moitísimas ganas de pasalo ben. E como despois de tanta acción sempre cómpre repoñer forzas, a xornada rematou da mellor maneira posible: cunha fantástica merendola.



Festa da auga de bibliotecariomaior riomaior

CAMPAÑA DE NUTRICIÓN FOGGA.

 

Dentro do proxecto Nutriescolas que lavamos a cabo dura te todo o curso, rematamos co reparto de froita de tempada: amorodos arando, melón. sandía nectarina....

Este proxecto foi financiado polo FOGGA e suministado por froitas Román.



CAMPAÑA DE NUTICIÓN de bibliotecariomaior riomaior

O PATIO DE RIOMAIOR.




 O patio dun colexio é moito máis que un lugar para recreo; é o espazo onde se aprenden  lecións  importantes: a compartir, a respectar e a convivir. Neste vídeo "O Colexio de Riomaior"   transformamos o  patio  nun lugar deseñado por e para todos, onde o xogo non entende de barreiras e cada neno e nena ten o seu lugar.

 Acompáñasme a velo¡¡¡¡


PATIO INCLUSIVO de bibliotecariomaior riomaior

17 jun 2026

FESTIVAL ACTIVIDADES DA ANPA.



O festival foi o reflexo de meses de ensaios, ilusión e moito traballo por parte dos rapaces e rapazas que participaron nas diferentes actividades extraescolares organizadas pola ANPA. Unha xornada chea de emocións, aplausos e orgullo para as familias.


FESTIVAL ANPA de bibliotecariomaior riomaior

EXHIBICIÓN DE PARAPENTE


 O pai de Leo Díaz de 6º, Alberto , deulles ao noso alumnado unha" master class" sobre  montaxe, uso  e riscos  do parapente, deporte de aéreo e de aventura.


PARAPENTE de bibliotecariomaior riomaior

UNHA MAÑÁ EN BICICLETA.


 

CIRCUITO DAS BICICLETAS de bibliotecariomaior riomaior

15 jun 2026

PUBLICIDADE GALIVISIÓN 2026.


 

Vivamos como galegos - de bibliotecariomaior riomaior



Bebamos como galegos de bibliotecariomaior riomaior


CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR 2025-2026 de bibliotecariomaior riomaior

DESCUBRINDO TALENTOS

"Descubrindo Talentos", unha iniciativa deseñada para dar visibilidade ás habilidades artísticas, musicais e creativas do alumnado.
Un aplauso para Aarón, Alex, Breixo e Nico. 
 

DESCUBRINDO de bibliotecariomaior riomaior

FESTIVAL GALIVISIÓN 2026.


 ILUSIÓN : HOXE, MAÑÁ E SEMPRE.
ILUSIÓN de bibliotecariomaior riomaior


CASA DE EUROPA: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.

UXÍA LAMBONA de bibliotecariomaior riomaior

CASA DE OCEANÍA : O TREN DE ANDRÉS DOBARRO.

O TREN de bibliotecariomaior riomaior


CASA AMÉRICA: CAMPO DA FESTA.


CAMPO DA FESTA de bibliotecariomaior riomaior

CASA DE ÁFRICA: A SAIA DA CAROLINA


A SAIA DA CAROLINA de bibliotecariomaior riomaior


CASA DA ASIA: OLIVEIRA DOS 100 ANOS


OLIVEIRA DOS 100 ANOS de bibliotecariomaior riomaior


12 jun 2026

A COLLEITA DO HORTO.

 

Hoxe o alumnado de 3º e 4 recolleron as leitugas que plantaron no horto. Despois de lavalas ben lavadiñas,  invitaron o resto do alumnado para comelas. Estaban frescas  e saborosas.


colleita do horto de bibliotecariomaior riomaior

REUNIÓN DE DELEGADOS E MEDIADORES.


 Hoxe tivo lugar a derradeira reunión dos delegados e mediadores, deste curso 2025-2026.


REUNIÓN DE DELEGADOS E MEDIADORES de bibliotecariomaior riomaior

11 jun 2026

SAÍDA DE CONVIVENCIA : AVENTURA DAKART.


 Como todos os anos, todo o noso colexio —desde o alumnado de todos os cursos ata o equipo de profesores— viviu  unha xornada inesquecible de convivencia,  no Parque Aventura Dakart (Sanxenxo).Esta saída está deseñada para romper coa rutina das aulas e fortalecer os lazos entre toda a comunidade educativa nunha contorna natural única. Ao longo do día, os alumnos e docentes compartiron desafíos e diversión a través dunha ampla variedade de actividades adaptadas a todas as idades.


AVENTURA DAKART de bibliotecariomaior riomaior

9 jun 2026

XORNADA DE PIRAGÜISMO.

Esta mañá, o alumnado do noso colexio cambiou as aulas polo mar nunha xornada inesquecible de convivencia e actividade física. Trasladámonos ata o Club de Piragüismo Náutico de Cobres,  para desfrutar dunha sesión  de piragüismo. Coas magníficas vistas da enseada de San Simón como escenario, os rapaces e rapazas non só aprenderon as nocións básicas de paleo e seguridade acuática, senón que tamén traballaron en equipo, reforzaron compañeirismo e entraron en contacto directo co privilexiado contorno natural que nos rodea.

GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS AO CLUB DE PIRAGÜISMO DE COBRES. 



PIRAGÜISMO de bibliotecariomaior riomaior

7 jun 2026

IMPACTO PROXECTO RIOLIMPIADAS: ANDAINA SOLIDARIA




A nosa 
Andaina Solidaria, enmarcada no impacto do proxecto deste curso Riolimpiadas,é unha iniciativa onde cada paso tivo un propósito claro e onde a mellor marca non se mediu en kilómetros, senón en quilos de xenerosidade. A resposta da comunidade educativa  non puido ser máis emocionante: unha marea de participantes cargados de ilusión demostrou que cando camiñamos xuntos, non hai meta inalcanzable nin dificultade que non poidamos superar.


ANDAINA SOLIDARIA de bibliotecariomaior riomaior   

4 jun 2026

VISITA DOS NENOS E NENAS DO CRA.


Os nenos e nenas do CRA viñeron hoxe a facernos unha visita, pois son os que van ocupar a aula de primeiro  a partir do vindeiro curso:

Coñeceron as aulas, visitaron os espazos de xogo, a biblioteca, a sala de ordenadores, radio....merendaron froita e xogaron cos nenos e nenas de primeiro.

 

VISITA NENOS E NENAS DO CRA de bibliotecariomaior riomaior

DÍGOCHO EU : ARIA 5º


 

DÍGOCHO EU : ARIA 5º de bibliotecariomaior riomaior

DÍGOCHO EU: GABRIEL 5º


 


DÍGOCHO EU :GABRIEL de bibliotecariomaior riomaior

DÍGOCHO EU: AARÓN E PABLO DE 5º


 

DÍGOCHOMEU AARÓN E PABLO de bibliotecariomaior riomaior

ENTREGA DE PREMIOS DO XII CERTAME RELATO CURTO



CERTAME de bibliotecariomaior riomaior

CANCIÓNS DO PROXECTO " CREAMOS UN HIMNO OLÍMPICO

 



AQUÍ PODESDES ESCOITAR TODOS OS HIMNOS CREADOS POLO ALUMNAO NO PROXECTO " CREAMOS UN HIMNO OLÍMPICO"

DÍGOCHO EU: DARÍO E XOEL DE 5º


 

DÍGOCHO EU- DARÍO XOEL de bibliotecariomaior riomaior

3 jun 2026

MARCO E ENZO LEN AOS NENOS E NENAS DE 1º


 

MARCO E ENZO de bibliotecariomaior riomaior

"ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA" ALUMNADO DE 4º.


 Este trimestre, a clase de 4º tivo unha compañía moi especial nas súas horas de lectura. Despois de mergullarse nas páxinas de Escarlatina, a cociñeira defunta, a xenial obra de Ledicia Costas, os nosos rapaces e rapazas convertéronse en auténticos chefs do Alén. Para meternos de cheo na historia, cada un coloreou e personalizou o seu propio mandil de cociña e, por suposto, puxémonos mans á obra para preparar unhas receitas de película... totalmente monstruosas! E para rematar todos conseguiron o seu gorro de cociñeiro.


ITINERARIO LECTOR ALUMNADO DE 4º de bibliotecariomaior riomaior

DÍGOCHO EU-MATEO E GAEL DE 4º


 

DÍGOCHO EU MATEO GAEL de bibliotecariomaior riomaior

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 6º AO CPI "O TOURAL"


 Hoxe é un día moi especial e emocionante. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria dades un paso importante: facedes a vosa primeira visita ao CPI O Toural para ter un primeiro contacto co que será a vosa vindeira casa de estudos. Tedes por diante unha xornada para preguntar todo o que queirades, perder os medos e comezar a imaxinar todas as cousas estupendas que ides aprender e vivir aquí a partir de setembro.


DÍGOCHO EU: LEO, MAIA E XABI.

 


DIGOCHO EU - de bibliotecariomaior riomaior