UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

20 feb 2024

PROXECTO " AS AVES" 1º E.P.

 Os nenos e nenas de 1º, aproveitando a conmemoración da Candeloria, estivemos investigando sobres as aves da nosa contorna.

Fomos a aula de informática para buscar diferentes nomes de paxaros  en google. 

Cada neno e nena levou o nome dun  para a casa. En familia fixemos unha investigación, que quedou plasmada nestes estupendos murais.

E na pantalla da clase vimos cal era as partes das aves.

Agora estamos aprendendo que as aves son animais vertebrados, así como os mamíferos, peixes e anfibios.

E que outros, pola contra, non teñen ósos, e que se chaman invertebrados.


3 feb 2024

PROXECTO "OS VOLCÁNS" DE 1º E.P.



 No mes de xaneiro, os gatiños de primeiro recibimos unha noticia dos nenos e nenas de de 1º do Toural super emocionante.!!!

Resulta que un volcán entrara  en erupción en Islandia.

Con esta información que os nosos amigos e amigas nos enviaron, decidimos buscar en internet como fora a erupción e tamén miramos donde estaba Islandia no globo terráqueo, e investigamos na aula de informática as partes dun volcán.

Logo en equipos, fomos a outras clases para informarlle do acontecido.

Por último, fixemos un experimento con bicarbonato e vinagre para simular unha erupción.

Pasámolo moi ben e aprendimos cousas moi interesantes.


APADRIÑAMENTO LECTOR :4º E 1º

 Os nenos e nenas de cuarto , na hora de ler, realizaron a actividade de apadriñamento  lector cos nenos e nenas  de primeiro . Unha gran experiencia que seguiremos realizando.