UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 mar 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA: SOPA VERDE

 


MERGÚLLATE NA LECTURA de bibliotecariomaior riomaior

CANCIÓN "VOAREI"



 A canción "VOAREI", interpretada polo alumnado de 6º, está baseada na BSO  da película  BRAVE, visionada por todo o alumnado do centro co gallo da conmemoración do "Día da Muller, o 8 de Marzo.


CANCIÓN VOAREI de bibliotecariomaior riomaior

OBRADOIRO EXPRESIÓN ORAL

 Nosa radio escolar "Cobres nas ondas" preparamos uns talleres sobre expresión oral , impartidos por Rocío da asociación ANIAS.

Participaron deste obradoiro os cursos de 3º, 4º, 5º E 6º.






27 mar 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA:CHOCOLATA

 Neste relato fálasenos sobre as ilusións, os desexos, a amizade e a importancia da experiencia e de valorar o que temos ao noso ao redor.


MERGÚLLATE NA LECTURA:PACO PAPÁN

 Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna.…Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseveranza e optimismo veranse por fin recompensados.

SAÍDA A SANTIAGO DE 5º E 6º

 

24 mar 2023

22 mar 2023

CHARLA DE "AMIN0 GALICIA"


 O martes 21, reunímonos o CRA Consuelo González Martínez, o CPI do Toural e CEP  Plurilingüe de Riomaior  para informarnos sobre como poñer as lentes para a protección da infancia. Tratar de previr o abuso sexual infantil.

A charla foi impartida por María, profesional da asociación AMINO GALICIA,, que é entidade sen ánimo de lucro, formada por un grupo de profesionais de diferentes  ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia .O seu obxectivo é a prevención, detección e asesoramento na Intervención en situacións de malos tratos á infancia e adolescencia; e tamén a axuda e apoio ás familias que afrontan estas situacións.



19 mar 2023

SAN PATRICK´S DAY

 

PROGRAMA DA RADIO: OBSERVA- ACCIÓN

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional e a xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais, favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/o países de ámbito europeo.
 

16 mar 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA:MARTA E MARÍA DE 4º

 

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN VIARIA

JAVIER SEOANE, POLICÍA LOCAL DE VILABOA, TIVO UNHA CHARLA CO ALUMNADO DO NOSO COLEXIO SOBRE EDUCACIÓN VIARIA.





EXPLICACIÓN XOGOS TRADICIONAIS POR ALBERTO

 Alberto, o pai de Isaac de 3º, impartiuse aos nenos de 3º e 4º unha sesión de xogos tradicionais, a billarda, buxaina, ovo pico araña, tirar da corda pincha da mula....

Os nenos e as nenas pasárono de marabilla .

GRAZAS ALBERTO 

12 mar 2023

OS PAIS CONTAN CONTOS NA BIBLIOTECA

 Hoxe, na hora de ler , os nenos e nenas de 3º baixaron á biblioteca para escoitar o conto "O CHUVASQUEIRO DE AURORA" contado por Fabiola a nai de Lucía

11 mar 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA :MONSTRUO ROSA

 

SEMANA DA PRENSA

 No noso colexio traballamos todo o curso a prensa, aínda que na semana da prensa, que se conmemora este mes de marzo , facemos unha exposición de xornais tanto locais, nacionais, internacionais e deportivos. Ademais expoñemos todos os exemplares do noso propio  xornal " O xornal de Buli"

Tamén participamos no programa: PRENSA-ESCOLA DE LA VOZ DE GALICIA



8 mar 2023

OS PAIS CONTAN CONTOS NA BIBLIOTECA

 Hoxe, na hora de ler , os nenos e nenas de 3º baixaron á biblioteca para escoitar o conto "YO SOY" contado por Fabiola a nai de Lucía.

7 mar 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS : 8 DE MARZO DÍA DA MULLER


Xa podedes pasar pola biblioteca e consultar todos os libros que temos para documentaros sobre o día da muller .
Estos libros son propostos polo equipo de biblioteca e dinamización linguistíca.






CHARLAS DE ALBERTO REGUERA

 Alberto , o pai de Isaac de 2º  impartiulle unha charla aos nenos e nenas de 1º e 2º sobre animais, plantas e árbores. Foron moitas as curiosidades e preguntas que lle fixeron

Ao alumnado de 5º e 6º faloulles sobre as velutinas, como se multiplican con tanta facilidade, os seus perigros .....



1 mar 2023

OS PAIS CONTAN CONTOS NA BIBLIOTECA




 Wangari vivía rodeada de árbores. Cando crece, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove árbores e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación. Unha historia real sobre a vida de Wangari Maathai nada nunha pequena aldea de Quenia, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004.











Malala Yousafzai, icona internacional, activista en prol do dereito á educación e a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, relata unha historia inspiradora do que foi crecer nunha rexión desgarrada pola guerra e, con todo, ver a maxia da esperanza adondequiera que mirase.