Mostrando entradas con la etiqueta ED. FÍSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ED. FÍSICA. Mostrar todas las entradas

16 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 16/06/2020

MARTES 16
Chegamos ao final do curso e por iso vos traio o último reto.
Aviso que este reto pode ser divertido porque se non o conseguides podedes acabar mollados de arriba a abaixo.
Necesitades un vaso (a poder ser de plástico para que non rompa se cae) e un pouco de auga. Tendes que poñer o vaso sobre a frente e sen que caia, tendes que tumbarvos e volver a levantarvos.
Seguro que o facedes xenial!

Recordade que podedes enviarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .





11 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 11/06/2020

XOVES 11
O reto que vos propoño hoxe trata sobre a velocidade xestual.
Necesitamos unha taza (tamén sirve un vaso ou calquera outro recipiente) e unha bóla de papel (que sexa case do mesmo tamaño que a embocadura da taza para que sexa máis difícil). No meu caso empreguei dous folios vellos que xa non servían.
O reto consiste en colocar a bóla no cú da taza, lanzala ao aire e xirar rápidamente a taza para intentar atrapar a pelota antes de que toque o chan.
Espero os vosos vídeos en efriomaior@gmail.com .



8 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 08/06/2020

LUNS 8
Hoxe propóñovos un xogo para xogar en parellas. Se só sodes dúas persoas, podedes facelo varias veces e cronometrar a ver en que intento o facedes máis rápido.
O material que precisades é un pau para cada xogador, e un globo e un recipiente para cada parella.
O xogo consiste en levar o globo dende o inicio ata o recipiente, empregando só os paus, non está permitido usar ningunha parte do corpo.
Déixovos un vídeo onde se mostra como se xoga.
Recordade enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .


4 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 04/06/2020

XOVES 4
O reto que vos propoño hoxe consiste en cambiar dun cadrado ao outro, sen pisar fóra e sen utilizar as mans.
Os cadrados podedes debuxalos ou marcalos con cinta como fixen eu. Eu puxen de guía unha folla de periódico aberta e quedoume un cadrado de 39x55 cm aproximadamente. 
Entre un cadrado e outro deixei unha distancia de 40 cm, máis ou menos.
Podedes enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .



1 jun 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 01/06/2020

LUNS 1
Bos días. Hoxe imos seguir traballando a capacidade pulmonar, pero en lugar de soprar imos ter que absorver.
Para o xogo necesitamos lacasitos, dous recipientes e unha palla. Trátase de coller o maior número de lacasitos posibles en dous minutos. Podedes facelo solos ou competir contra algún familiar. O mellor de todo e que ao rematar o xogo podemos comer os lacasitos!!!
Se non dispoñemos de lacasitos podemos facelos con tapóns de botellas de auga por exemplo, pero non os comades ao final jejejeje...

Espero os vosos vídeos e fotos en efriomaior@gmail.com .



29 may 2020

PARTICIPANTES RETO VELOCIDADE DE REACCIÓN

Déixovos un vídeo no que aparecen todas as nenas e nenos que se atreveron a realizar o segundo reto que vos propuxen, o de velocidade de reacción.
Gracias a todos por participar!





28 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 28/05/2020

Xoves 28
Para o reto de hoxe precisamos 3 bolis (lápices, rotuladores, etc..) e 9 vasos de plástico se pode ser (tamén valen de cristal pero hai que ter coidado de non rompelos porque nos podemos cortar).
Consiste en cambiar os bolis dunha fila de vasos para a outra sen tocar o chan co pé que o fagamos e sen que nos caian os bolis.
Se nos cae temos que volver a empezar.
Déixovos un vídeo onde o fago eu para que vos sirva de exemplo.
Espero os vosos vídeos e fotos en efriomaior@gmail.com .
Moita sorte a todos, seguro que o conseguides.


25 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 25/05/2020

Luns 25
Bos días a tod@s.
Hoxe propóñovos un xogo para mellorar a nosa capacidade pulmonar.
O material que precisades son dous vasos de plástico. E tendes que marcar unha liña de saída e outra de meta. A distancia entre unha e outra que non sexa superior aos 3 metros porque vos podedes marear de tanto soprar.
Podedes competir contra algún familiar, ou cronometrar os vosos tempos individuais e intentar superalos.
Recordade enviarme os vosos vídeos a efriomaior@gmail.com .
Aquí vos deixo un vídeo para que vexades como xogar.


22 may 2020

PARTICIPANTES NO RETO DOS 10 TOQUES

Hoxe déixovos un vídeo donde podedes ver aos valentes que participaron no reto dos 10 toques co papel hixiénico.
Noraboa a todos por atrevervos e gracias polos vídeos.


21 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 21/05/2020

XOVES 21
Hoxe traio outro reto. Esta vez é un pouco máis complicado. 
Só necesitamos unha zapatilla, a poder ser que teña a suela plana para que nos sexa máis doado.
Temos que tumbarnos boca a baixo no chan e colocar a zapatilla sobre a planta do noso pé. O reto consite en dar unha volta completa sen que a zapatilla caia. 
Déixovos un vídeo onde mos mostro como facelo.
Espero as vosas fotos e vídeos en efriomaior@gamil.com .


18 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 18/05/2020

Luns 18
Hoxe a Consellería de Educación proponnos un vídeo sobre a iniciación ao Ioga, espero que vos guste.
Lembrade enviarme os vosos vídeos e fotos a efriomaior@gmail.com .


15 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 15/05/2020

VENRES 15
Hoxe propóñovos un xogo para traballar a motricidade fina.
Para xogar necesitades dous palillos longos (tamén serven lápices), varios tapóns de plástico (non teñen porque ser iguais) e un recipiente (vaso, taza, caldeiro, etc ...).
Déixovos un vídeo onde podedes ver como se xoga, podedes competir contra algún familiar ou xogar solos e cronometrar a ver se mellorades a vosa propia marca.
Podedes enviarme fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .



13 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 13/05/2020

Mércores 13
Hoxe vouvos a propoñer un reto no que traballaremos a velocidade de reacción. 
Este consiste en lanzar un obxecto ao aire, xirar completamente (360º) e volver a coller o obxecto antes de que toque o chan.
Eu usei papel hixiénico pero podedes usar outras cousas como pelotas, calcetíns, unha laranxa, etc.
Espero ansioso os vosos vídeos en efriomaior@gmail.com .
Seguro que o facedes xenial!


11 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 11/05/2020

Luns 11
Hoxe deixo outro vídeo dos que nos propón a Consellería de Educación. Esta vez traballaremos a forza e a resistencia.
Recordade que podedes enviarme as vosas fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .


8 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 08/05/2020

Venres 8
Hoxe propóñovos outro xogo tradicional, é dicir, un xogo dos de toda a vida ao que xogaron os nosos pais e avós, "As Chapas".
Para xogar necesitades unha chapa para cada xogador, serve de calquera tipo (tapóns do leite, de auga, de refresco, etc.) pero mellor que sexan iguais para que non haxa excusas de que unha corre máis que a outra jejeje...
Tendes que debuxar unha pista no chan ou podedes facela con calquera obxecto tal e como se mostra no vídeo que vos poño a continuación.
Os lanzamentos son por turnos, se tocamos unha liña, se nos saímos, ou se tocamos algún obstáculo, temos que volver a empezar.
Moita sorte e que gañe o mellor.
Podedes enviarme os vosos vídeos e fotos a efriomaior@gmail.com.



6 may 2020

DEPORTISTAS CONFINADOS II

Hoxe quero compartir con todos vós os vídeos que vou recibindo de nenos e nenas do cole facendo deporte nas súas casas.
Anímovos a que me enviedes máis fotos e vídeos a efriomaior@gmail.com .





Gabriela 4º

5 may 2020

DEPORTE EN FAMILIA

Este fin de semana recibín un vídeo da familia de Naira de 6º, onde podemos velos a todos facendo exercicio físico. 
Gracias por compartilo con nós!
Anímovos a todos a movervos e a seguir facendo deporte e exercicio en familia, xa que durante esta tempada de confinamento é moi doado caer en hábitos de sedentarismo, perxudiciais para a nosa saúde.
Convídovos a que me enviedes algún vídeo facendo deporte en familia a efriomaior@gmail.com, para compartilo co resto do cole e poder ver como nos atopamos e cómo nos mantemos en forma.

Un abrazo enorme para todos.


4 may 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 04/05/2020

Luns 4
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado continuar con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde, combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

Cada luns irei compartindo con vós un destes vídeos. Recordade que podedes enviarme o voso traballo a efriomaior@gmail.com



30 abr 2020

PROFES EN MOVEMENTO

Hoxe déixovos un vídeo que fixemos os profes con moito cariño para todos vós, onde podedes ver como nós tamén facemos deporte nas casas nestes tempos de confinamento.
Recordade que podedes mandarme as vosas fotos e vídeos facendo deporte a efriomaior@gmail.com .



29 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 29/04/2020

Mércores 29

Seguro que xa todos coñecedes este reto, e que máis de un xa o conseguiu. Por iso vos pido que compartades comigo os vosos vídeos superando o reto en efriomaior@gmail.com
Para quen non o coñeza, trátase de dar 10 toques cun rollo de papel hixiénico, sen que toque o chan. 
Os máis pequenos do cole, se vedes que é moi complicado podedes facelo coa man ou coa axuda dunha raqueta. 

Déixovos aquí o meu vídeo para que vos riades un pouco.



Tende moito coidado con non romper nada, aconséllovos facelo no exterior ou nunha habitación baleira como o fixen eu.