Luns 4
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado continuar con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde, combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.
Cada luns irei compartindo con vós un destes vídeos. Recordade que podedes enviarme o voso traballo a efriomaior@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario