UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

26 feb 2022

ENTROIDO 2022: PREGÓN E ACTUACIÓNS

 Comenzamos o Entroido no CEP Plurilingë de Riomaior, como todos os anos, co pregón.

Este ano foi, o alcalde de Vilaboa, César Poza, o encargado decir unhas palabras sobre o "Entroido de Cobres".



DESFILE




ACTUACIÓNS:





1º- "A HORTA DA BALBINA"





2º-AUGAMARES DO OCÉANO,







3º- MAQUILLAXE





4º- THE EYE OF THE TIGER.




  

5º- YO QUISIERA TENER UN MILLÓN DE AMIGOS.








6º- TERRA DOURADA DE COBRES.






21 feb 2022

MARTES : IOGA "CANCIÓN NA SELVA"

 

ESTRELA DA SEMANA :A FARIÑA



 A fariña  é o po fino que se obtén do cereal moído e un  alimento ricos en amidón.​

Pódese obter fariña de distintos cereais. Aínda que a máis habitual é fariña de trigo , elemento habitual na elaboración do pan, tamén se fai fariña de centeo, de cebada, de avea, de millo  ou de arroz.



 

16 feb 2022

VALENTINE´S DAY

Para conmemorar o día de San Valentín , día do amor e a amizade, o alumnado elaborou unha postal en clase de inglés e art. Houbo un intercambio das postais entre ou alumnado.




MARTES IOGA PARA NENOS

 Como cada martes, aquí tedes o video para relaxarse un pouquiño


13 feb 2022

ESTRELA DA SEMANA: O LEITE

 


O leite é unha das principais fontes de calcio da natureza e a única no bebé. O calcio é imprescindible, entre outras funcións, para a formación e o mantemento dos ósos e dentes. Pero ademais o leite achéganos elementos moi valiosos como vitaminas, proteínas de alto valor biolóxico, e outros minerais que fan do leite un alimento básico en todas as idades.

Para consumo humano utilízanse fundamentalmente o leite de vaca, de ovella, de cabra . Tamén se consomen a de burra e  camella. Nestes leites animais de consumo humano adoitan realizarse tratamentos térmicos caseiros ou industriais. Estes procesos orixinan tamén pequenas variacións na composición do leite.



SESIÓN DE WELLNESS

 O concepto de  "Wellness" propón unha mirada integral e persoal baseada no benestar físico, mental e emocional de cada persoa. Esta práctica, que traducida ao español sería “Benestar”, consiste nun proceso activo que ten como fin tomar decisións conscientes co obxectivo de ter unha vida saudable e plena. O vernes realizouse un obradoiro dirixido por Cristina Pérez Rodriguez, especialista en wellnes, para todos os cursos. Cristina deixounos unha serie de videos para practicar na casa.



























2 feb 2022

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Esta semana, tivemos a Inés Lago Celada, enfermeira do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, a impartir un curso un curso de primeiros auxilios a todo o alumnado.


1 feb 2022

IOGA PARA NENOS CON ANIMAIS

 








ESTRELA DA SEMANA : A MAZÁ


 

10 Beneficios da  mazá.

-A mazá ten moita fibra.

-Con efecto  saciante.

-É  drenante.

-Protexe o corazón.

-Adecuada en casos de diabetes.

-Regula o intestino.

-Tomar unha mazá con pel axúdanos a facilitar o movemento intestinal. 

.-Activa o cerebro.

-Branquea os dentes.

-Moita vitamina. É unha gran fonte de vitaminas  C e A, así como  potasio. 

-Tranquiliza.