UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

13 feb 2022

ESTRELA DA SEMANA: O LEITE

 


O leite é unha das principais fontes de calcio da natureza e a única no bebé. O calcio é imprescindible, entre outras funcións, para a formación e o mantemento dos ósos e dentes. Pero ademais o leite achéganos elementos moi valiosos como vitaminas, proteínas de alto valor biolóxico, e outros minerais que fan do leite un alimento básico en todas as idades.

Para consumo humano utilízanse fundamentalmente o leite de vaca, de ovella, de cabra . Tamén se consomen a de burra e  camella. Nestes leites animais de consumo humano adoitan realizarse tratamentos térmicos caseiros ou industriais. Estes procesos orixinan tamén pequenas variacións na composición do leite.



No hay comentarios:

Publicar un comentario