UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 oct 2023

SAMAWEEN: DECORACIÓN DO COLEXIO.

 Todos os nenos e nenas participaron na decoración das portas e os corredores para ambientar  todo o colexio.

SAMAWEEN: CABAZAS

 Como todos os anos, celebramos o Samaween, comenzamos  pola decoración de cabazas. Grazas familias pola vosa colaboración. 

23 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: VISITA DE ANXO FARIÑA.

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, unha conmemoración impulsad pola Asociación de Amigos del Libro Infantís e Xuvenil, á que se foron sumando, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

Para conmemorar este día veu ao colexio Anxo Fariña, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galeo.Autor dos Megatoxos, libros que forman parte do noso proxecto "Xirarei polo Morraso"



21 oct 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA:MIGUEL E JOSUÉ

 

Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais. 

19 oct 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA: ARIA, LEIRE E ALBA


Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…

16 oct 2023

15 oct 2023

MERGÚLLTE NA LECTURA: ALBA-LEIRE E ARIA DE 3º


 Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.



ESCUDOS DAS CASAS DO PROXECTO "XIRAREI POLO MORRASO"

 

9 oct 2023

CHARLA SOBRE A AXENCIA TRIBUTARIA PARA ALUMNADO DE 5º E 6º

 


Hoxe tivo lugar par o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla da  Axencia Tributaria sobre a quen e a que van dirixidos  os cartos públicos.




 

7 oct 2023

VISITA DOS ALCALDES DO MORRAZO

Hoxe 6 de outubro, visitáronnos os alcaldes da comarca do Morrazo:
-Don César Poza, de Vilaboa.
-Don Félix Juncal, de Bueu.
-Dona María Gamallo, de Marín.
- Dona Leticia Santos, de Moaña. 
-Dona Araceli Gestido, de Cangas

O fin desta visita foi presentarlle o noso proxecto "Xirarei polo Morraso". O alumnado fixéronlles preguntas a cada un e eles achegaron ideas para realizar no noso proxecto.

Todos os alcaldes foron entrevistados na radio escolar polo noso alumnado.







5 oct 2023

5 DE OUTUBRO: APERTURA DA BIBLIOTECA CON RAQUEL QUEIZÁS.

 Hoxe abrimos a biblioteca para que todos podamos gozar dela. Para iso tivemos a actuación da contadora de historias Raquel Queizás. ca representación de " Cinema de historias da man de  Alice Guy" a primeira persoa en contar unha historia de ficción no cine.

O noso agradecemento ao concello de Vilaboa, e especialmente ao alcalde  César Poza, por colaborar sempre co colexio, para que os nenos e nenas de Riomaior gozen cos contadores de historias. 













PRESENTACIÓN COLABORADORES DA BIBLIOTECA.

 Co motivo da apertura da biblioteca, Buli presentou ao resto do alumnado aos seus colaboradores, os nenos e nenas de 5º.

Os novos colaboradores asinaron un contrato polo cal teñen que cumprir unha serie de normas e sobre todo ter a biblioteca en perfecto estado.