UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 may 2022

VISITA DOS NENOS E NENAS DO CRA

CO GALEGO,SÍNTOME BEN¡¡¡¡


ESTRELA DA SEMANA:O CHICHARO


   Propiedades dos chícharos

Vitaminas en abundancia. Con 15g cóbrense dous terzos das necesidades diarias das vitaminas  C e  K e case o 10% de vitamina A. Destacan especialmente en vitamina  B1, o cal inflúe no bo estado de ánimo
Minerais importantes. En canto aos minerais, 150  g completan a cuarta parte das necesidades de ferro, a quinta das de fósforo e a sexta das de  magnesio
Proteínas. Ao ser un legume, contén un índice de proteínas tres ou catro veces superior ao das hortalizas frescas. Hidratos de carbono. O chícharo é tamén una dos legumes con máis achega de  carbohidratos, concretamente de azucres solubles. Isto sucede sobre todo nos chícharos frescos recentemente colleitados



 

27 may 2022

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR

 

Loreto  Silvoso  é xornalista de  RadioVoz e La Voz de Galicia, vicepresidenta 2ª da Asociación da Prensa da Coruña, socia do colectivo  Xornalistas e membro da iniciativa solidaria “A Radio  Conta”.

22 may 2022

ESTRELA DA SEMANA :NECTARINA OU PAVIA

 



Nectarina ou pavía, é unha froita de tempada na primavera e verán que podemos gozar desde abril ata outubro.As nectarinas achegan 40  kcal por cada 100 gramos. De cada 100 gramos de nectarina, 87  g son auga, 9  g son de  hidratos de carbono, 1.5  g son de proteína vexetal, o contido en graxa é practicamente nulo e o de fibra é de algo máis de 2 gramos.

As nectarinas son fonte de minerais como o  potasio, fósforo,  magnesio, calcio, sodio, ferro, zinc, iodo e  selenio. Esta froita tamén é fonte de vitaminas como a vitamina  C,  B6,  B3,  B2,  B1 e  carotenos.

Beneficios do seu consumo:

-Para a  hipertensión

-Para mellorar as dixestións

-Para o  estreñimento

-Para coidar a vista, a pel e o cabelo

-Para o sistema cardiovascular

-Como antioxidante

-Para o sistema nervioso e muscular



CANCIÓN: COMO GOZAMOS A VIDA

 ADAPTACIÓN O GALEGO DA CANCIÓN "  ME GUSTA LA VIDA " DE FUNANBULISTA

PARTY COUNTRY

 O vernes festexamos unha festa ao máis estilo americano, vestidos de vaqueir@s e granxeiro@s e alimentos como perritos, hamburguesas e moita froita. Foi un vernes diferente , onde socializamos como fai tempo que non o facíamos .

Unha xornada moi divertida onde puidemos demostrar as nosas dotes de baile

Grazas a ANPA pola súa implicación.







21 may 2022

FAI CLIC CO TEU BOCATA


Fai clic ao teu bocata

É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.






18 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Todo o alumnado pasou pola exposición de carteis sobre as Letras Galegas  deste ano dedicadas a Florencio Delgado



Oo alumnado de 6º tamén prearou uns poemas do autor.


17 may 2022

FLORENCIO NAS ONDAS: RAQUEL QUEIZÁS



Co programa de radio “Florencio nas ondas” espectáculo de narración por Raquel Queizás,  coñeceremos a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano 2022.

Estivo no colexio, na semana, co alumnado de 1º , 2º, 3º e 4º

Os alumnos e alumnas de 5º fixéronlle unha entrevista  en "Cobres nas Ondas"

 

16 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022; CARICATURAS 1º E 3º

 


Día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron pola achega literaria en idioma galego. Desde 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica esta celebración a unha personalidade diferente.
No Día dás Letras  Galegas 2022 homenaxearase a  Florencio Delgado  Gurriarán ( Córgomo- Villamartín de Valdeorras, Ourense, 27 de agosto de 1903 –  California, EEUU, 14 de maio de 1987).  Florencio Delgado foi un escritor en lingua galega e licenciado en dereito.
Publicacións de  Florencio Delgado  Gurriarán:

Galicia  Infinda (1963)
Cantaneras (1981)
Ou  soño  dun  guieiro (1986)







ESTRELA DA SEMANA: A SANDÍA



 A  sandía lidera a lista de produtos frescos, froitas e vexetais, con  licopeno, máis aínda que o tomate. A súa cor vermella intensa débese de feito ao seu alto contido;

Non ten colesterol;

Non ten graxa saturada;

Ten moi baixo contido de sodio;

Ten gran contido de  potasio;

É unha fonte excelente de vitaminas A,  B6 e  C;

Moi baixa en calorías: dúas cuncas conteñen só 80 calorías;

É un  hidratante natural xa que o 92 por cento dunha  sandía está composto de auga. Polo que a fai unha fonte sa e completa para manterse ben  hidratado durante o verán.





9 may 2022

ESTRELA DA SEMANA : O NÍSPERO

 










Cales son os beneficios do  níspero?

Os beneficios nutricionais son altos, pois contén unha gran cantidade de vitamina  C,  B e A que axudan a fortalecer o sistema  inmunológico. Ademais de que achega nutrientes esenciais como o  potasio, o  magnesio e o calcio, indispensables para manter o organismo en bo estado e funcionando de maneira correcta.


CELEBRACIÓN DO CROSS

 O domingo día 8 de maio celebrouse o tradicional cross en Riomaior.












8 may 2022

VISITA DE 6º AL CIFP CARLOS OROZA

 O Carlos Oroza é un centro integrado de formación profesional. Ciclos medios e superiores de Hostalería. Panadería, Repostería e Confeitería, Cociña e Gastronomía, Ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas e Xestión de Aloxamentos turísticos.


SAÍDA AOS MUIÑOS DE 1º,2º,3º E 4º

 

1 may 2022

VISITA AOS MUIÑOS DE VILABOA

 O venres pasado 6º e 5º visitaron os distintos muiños da contorna.

A ruta dos muiños de Vilaboa é estupenda para aprender e compartir os espazos naturais coas distintas especies, ao o tempo que se aprende sobre a cultura tradicional galega.

grazas a José Ángel, o noso consexe, por facer de guía.

ENTREVISTA A J.M. ÁLVAREZ BÉRTOLO E A OSWALDO GARCÍA

 

ENTREVISTA NA RADIO DO ALCALDE DE VILABOA, CÉSAR POZA

 

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN VIAL

 Esta semana tivemos a visita de Javier, o policía local de Vilaboa.

O alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º aprenderon moitísimo de Educación Vial.

Moitas grazas pola implicación da policia local neste tema trasversal tan importante para a boa convivencia.