UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

29 ene 2020

2ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Nesta ocasión foi o alumando de sexto o que participiu na xornada de deporte escolar.
Recibimos no noso colexio aos alumnos e alumnas de 6º do CEIP de Ponte Sampaio.
Os nenos e nenas gozaron dunha mañá chea de deporte onde xogaron a baloncesto, bádminton, fútbol sala e balonman.
Podedes ver algunhas fotos a continuación.



24 ene 2020

ALICE ADVENTURE + RADIO + MERCADO MUNICIPAL

O venres 24 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fomos de visita a Pontevedra. A primeira parada que fixemos foi na sede de Afundación, onde desfrutamos dunha divertida obra de teatro en inglés, titulada "Alice Adventure".
Ao saír, fixemos unha breve pausa para merendar e recuperar forzas e xa nos diriximos ás oficinas da radio PontevedraViva, onde nos transformamos por uns minutos en verdadeiros tertulianos.
Por último fomos camiñando pola zona vella, ata chegar ao mercado municipal, onde nos dividimos en grupo, e cada grupo tiña a misión de preparar un menú completo para 4 persoas e só podían gastar 25€. Ademais este tiña que ter dous pratos, sobremesa e ornamentación floral.
Foi unha mañá moi completa e divertida.
No seguinte enlace podedes ver a noticia e ademais escoitar a entrevista que lle fixeron. Entevista PontevedraViva 

Flai clic na imaxe para ver máis.

15 ene 2020

ACTIVIDAD DA CIENTÍFICA ESTEFANÍA PAREDES ROSENDO

Estefanía Paredes Rosendo (Moaña 1984) estudiou Ciencias do mar na Universidade de Vigo e na actualidade é a directora do Servicio de Preservación da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e ademais é experta en Criobioloxía.

Faloulle aos nenos e nenas da sua traxectoria profesional desde os seus comenzos ata o día de hoxe, o que significa ser científica e o seu traballo na Universidade. Tamén trouxo unha mostra de ourizos e cogombros de mar.





FAI CLIC AQUÍ 



ESCOLA DE PAIS /NAIS

Que entendemos por Escola de nais e pais?
É un espazo de aprendizaxe onde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva se converten en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos. As Escolas de nais e pais son espazos de información, formación e reflexión dirixidos a pais e nais, familiares e docentes que se encargan da educación dos menores. Trátase de ofrecer unha experiencia de beneficio social que queda amplamente xustificada dende o punto de vista pedagóxico, polo enorme interese e a preocupación cada vez maiores que está a adquirir na nosa sociedade o problema da educación dos pais. En definitiva é un lugar de encontro onde mediante o diálogo e a análise tentamos poñer en común diferentes puntos de vista sobre temas de interese educativo. Temas que se falan pouco na rúa ou non é habitual que profundemos neles.
O pasado luns, Mª Luz Lorenzo , orientadora do colexio, dirixeu unha reunión para pais e nais de 1º e 2º.




9 ene 2020

CHARLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE


É unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro, que traballa para fomentar hábitos de vida saudables, xerar oportunidades e prestar servizo a persoas e familias afectadas por condutas adictivas, disruptivas e/ou de risco, intervindo no ámbito xurídico, social, preventivo e educativo.
Laura Durán, colaboradora de esta asociación, deulle aos nenos e nenas de 6º, unha charla sobre drogas e adicións. Tamén traballaron os temas da empatía a tolerancia e a asertividade, a través da técnica "O mellor de ti".

8 ene 2020

ECO -MISIÓN DE DECEMBRO









-RECETAS DE APROVEITAMENTO , SAUDABLES E DE NADAL






- A DECORACIÓN DE NADAL FOI FEITA TODA CON MATERIAL RECICLADO QUE SE FIXO NO OBRADOIRO DOS MARTES "MARTESANÍA"







CON MOTIVO DE LA CUMBRE DO CAMBIO CLÍMÁTICO , BULI PIDIULLE AOS NENOS E NENAS QUE TROUXESEN NOTICIAS