Que entendemos por Escola de nais e pais?
É un espazo de aprendizaxe onde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva se converten en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos. As Escolas de nais e pais son espazos de información, formación e reflexión dirixidos a pais e nais, familiares e docentes que se encargan da educación dos menores. Trátase de ofrecer unha experiencia de beneficio social que queda amplamente xustificada dende o punto de vista pedagóxico, polo enorme interese e a preocupación cada vez maiores que está a adquirir na nosa sociedade o problema da educación dos pais. En definitiva é un lugar de encontro onde mediante o diálogo e a análise tentamos poñer en común diferentes puntos de vista sobre temas de interese educativo. Temas que se falan pouco na rúa ou non é habitual que profundemos neles.
O pasado luns, Mª Luz Lorenzo , orientadora do colexio, dirixeu unha reunión para pais e nais de 1º e 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario