O venres 24 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fomos de visita a Pontevedra. A primeira parada que fixemos foi na sede de Afundación, onde desfrutamos dunha divertida obra de teatro en inglés, titulada "Alice Adventure".
Ao saír, fixemos unha breve pausa para merendar e recuperar forzas e xa nos diriximos ás oficinas da radio PontevedraViva, onde nos transformamos por uns minutos en verdadeiros tertulianos.
Por último fomos camiñando pola zona vella, ata chegar ao mercado municipal, onde nos dividimos en grupo, e cada grupo tiña a misión de preparar un menú completo para 4 persoas e só podían gastar 25€. Ademais este tiña que ter dous pratos, sobremesa e ornamentación floral.
Foi unha mañá moi completa e divertida.
No seguinte enlace podedes ver a noticia e ademais escoitar a entrevista que lle fixeron. Entevista PontevedraViva
No seguinte enlace podedes ver a noticia e ademais escoitar a entrevista que lle fixeron. Entevista PontevedraViva
Flai clic na imaxe para ver máis. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario