UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

28 mar 2021

DIPLOMA DA REAL ACADEMIA GALEGA

A base principal da "Primavera das letras" é que cada ano milleiros de nenos e nenas cumpran unha misión: coñecer o protagonista do Día das Letras Galegas. O noso colexio participou neste certame obtendo un merwcido diploma.






 

19 mar 2021

21 DE MARZO "DÍA DA POESÍA"


 Foi a UNESCO, no ano 1999, o organismo que decidiu proclamar o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía.

A  Poesía é un xénero literario, a través do cal o home foi capaz de expresar pensamentos e emocións, empregando para iso unha lenguaxe che de beleza.

Este ano dedicámoslle este día á poetísa Gloria Fuertes, recitando os seus poemas.




ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º





ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º




ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º



ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º



ALUMNAS E ALUMNOS DE 1º






16 mar 2021

NOME DA NOSA EMISORA DA RADIO

Xa temos o nome da nosa emisora de radio, elexida entre as suxestións de todos os alumnos e alumnas do noso colexio. Fáltanos  o logotipo, que estamos a elaborar entre todos.
 

"COBRES NAS ONDAS"

15 mar 2021

SEMANA DA PRENSA




 Do 8 ao 12 de Marzo , conmemorase a "Semana da Prensa"  nos centros educativos de Galicia. No colexio espuxéronse xornais tanto internacionais, nacionais  e deportivos. 
Todos os mércoles do curso  traballamos a prensa ca "LA VOZ DE GALICIA", os cursos de 5º e 6º., 

Ademáis  estamos a elaborar, coma todos os anos o "Xornal de Buli" no que se recopilan todas as actividades feitas o longo de todo o curso.



Os nenos e nenas de 4º traballaron a noticia nesta semana da prensa. En equipos construíron a súa propia noticia sobre a  antigua Grecia.














10 mar 2021

CURSO DE FORMACIÓN DA RADIO ESCOLAR PARA MESTR@S

 O mércores tivemos un curso de formación os mestres e mestras para poñer en funcionamento da "RADIO ESCOLAR", foi  unha xornada moi interesante, da cal aprendemos moitas cousas novas para poder transmitir os  alumnos e alumnas de Riomaior.




8 mar 2021

7 mar 2021

PLAN REVITALIZA





A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio.

Para a difusión do Plan Revitaliza entre colexios e institutos da provincia a Deputación e o Centro de Investigación e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) teñen un convenio de colaboración grazas ao cal catro empresas cooperativas de traballo ambiental encargaranse de realizar charlas, xornadas de formación , exposicións, e talleres  sobre compostaxe. Esta semana estiveron na escola para estiveron na escola para coñecer un pouco máis sobro o tema da compostaxe.





Os pequenos coñeceron o tema da compostaxe a través do" xogo da miñoca"