UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

26 nov 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25  de novembro  desde a biblioteca quixemos apoiar a conmemoración  deste día coa finalidade de fomentar entre os nosos nenos/as a tolerancia e a non violencia. Elaboramos un mural, no que se escribiron mensaxes e plasmamos as nosas mans. Buli mandou una invitación para que todos participaran.
 
 
Desde a biblioteca queremos recomendarvos unas lecturas ,tanto en galego como en castelán , cas que podemos traballar o temada igualdade.
 



Nía, a mestra de 6º, en "Recreos de contos" contou : "O libro dos porcos"

 
 




O MURAL




 

VISITA DE MIGALLAS AO COLEXIO

 O día 24 tiven una visita moi especial no noso colexio , o grupo de teatro " MIGALLAS" a presentar o seu  libro de cancións CANTA CONNOSCO!.
Os video clips deste disco están gravados nos interiores e exteriores do meu colexio, así como os actores que participan son os meus amigos, os nenos e nenas que me visitan todos os días na biblioteca.
Este libro de cancións foi gravado no verán ,cando os nenos/as andaban polo  colexio participando en "VILAVERÁN" un campamento que organiza  o Concello de Vilaboa  para todos os rapaces e rapazas no que resido.








INVITACIÓN GRUPO DE TEATRO MIGALLAS


Fai 20 anos Migallas teatro, compañía creada no ano 1992, sacaba ao mercado o disco "CANTA CONNOSCO!". Co motivo deste aniversario, Kalandraka publicou una edición especial que inclúe   un libro, un cede e un deuvedé. O volume está ilustrado por Óscar Villán e os videos que acompañan as cancions foron dirixidos por Miguel Sagüillo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

20 nov 2016

VERNES DE CONTO

" Venres de conto"   é unha actividade que Buli propón para que os nenos/as se acerquen a biblioteca e poidan escoitar cada venres un conto.
       Os contos   serán contados por mestres, alumnos, país....
 
 




11 nov 2016

CONSULTORIO DE BULI

Comezou o "CONSULTORIO DE BULI" onde os nenos e nenas terán a oportunidade de contarlle  os seus problemas, as súas inquedanzas e as súas preocupacións ao seu amigo e compañeiro Buli.
 
 
 
 
 

 

ILUSTRAMOS CONTOS

Esta semana emprendemos una actividade chamada "Ilustrando contos " co fin de que os máis pequenos poidan familiarizarse cos libros a través do debuxo.
 A primeira sesión foi todo un éxito!!!!











 

3 nov 2016

SAMAWEEN



 
 
 
 

 
O 28 de outubro, celebrouse no colexio o SAMAWEEN. O equipo de Dinamización lingüística mailo de TIL xuntáronse para preparar as actividades do Samaín e o Halloween, dúas actividades de tradición celta, de ahí o nome  de "SAMAWEEN"
A mañá  estivo chea de actividades moi variadas tanto literarias, artísticas e musicais. Ademais dende a biblioteca propuxose a lectura de libros misteriosos e de medo propios destas datas.
Para rematar compartimos todos unha boa comedela con postres feitos  con motivos terroríficos.


 

1 nov 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS



As mochilas viaxeiras  cheas de aventuras, contos, revistas, películas, historias....viaxarán ás casas dos nenos/as para compartir e divertirse coas súas familias.