UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

19 may 2024

VIAXE DE INMERSIÓN DE 5º

 O alumnado de 5º estivo esta semana o mércores e o xoves, no programa de inmersión lingüistica en galego, nun campamento no Grove.

1 may 2024

CROSS RIOMAIOR

 O pasado domingo tivo lugar o Cross en Riomaior. Organizado pola ANPA , participaron o colexio de Tirán, o CRA  de Vilaboa, Castrillón, e o Manuel Padín Truiteiro.Tamén houbo unha carreira popular para adultos.






OS MAIOS DE RIOMAIOR.

 Os Maios son unha tradición da cultura galega para conmemorar a chegada da primavera. Este curso o equipo da biblioteca e o de EDLG.

Quixeron retomar esta tradición propoñendo ao alumnado a decoración do seu propio maio.



VIAXE A DUBLÍN ALUMNADO DE 6º

 O alumnado de 6º estivo, de viaxe de inmersión lingüística en Dublín, a semana pasada. Foi unha experiencia única para os nenos e nena. Visitaron a cidade, museos, parques, catedrais o zoo.....e o máis importante falaron moito inglés.