UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

21 abr 2024

OS PAIS CONTAN CONTOS

 Ruth, nai de Isaac e Josué estivo cos nenos e nenas de 2º para ler un conto:







DÍA DO LIBRO: PRESENTACIÓN DO LIBRO" UN MOUCHO MÁXICO".



Este libro de contos é un homenaxe a Buli e ao CEP Riomaior, escrito por mestres xubilados que impartiron docencia no noso colexio:

Carmen Jar Piay.

-Miguel Anxo Mouriño Fernández.

-José Manuel Pérez Mariño.

-José Luis Vázquez Blanco.

-Eva Rodriguez Ferreiros







DÍA DO LIBRO:APADRIÑAMENTO LECTOR.

 

18 abr 2024

DÍA DO LIBRO: ENTREGA DE DIPLOMAS :MERGÚLLATE NA LECTURA.

 Todos os nenos e nenas que participaron, neste curso, na actividade proposta por Buli,"Mergúllate na lectura" recibiron un diploma como recoñecemento por potenciar a lectura e tamén a creatividade facendo os carteis anunciando os contos.

GRAZAS.

XIV CERTAME: DESEÑA UNHA XOIA PARA TÚA NAI"






 A Federación galega de gremios de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros, é unha organización que agrupa a comerciantes fabricantes, artesáns e deseñadores  de xoias da comunidade de Galicia.

Coma todos os anos, convoca un certame de deseño de xoias " Deseña unha xoia para túa nai"  participou todo o colexio e quedaron finalistas. Carla Pérez ,Vera Sobral de 6º e Vani Tripathi de 5º.


15 abr 2024

VISITA AO CIFP CARLOS OROZA.

Hoxe o alumnado de 6º E.P. visitou o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. É un centro integrado de formación profesional nos que se imparten ciclos medios e superiores de hostelería, panadería repostería e confitería .

Participaron nun obradoiro sobre herbas aromáticas, sobre o uso das froitas moi maduras e sobre o coidado básico da horta.

Ademáis degustaron duns aperitivos preparados polo alumnado do centro.


14 abr 2024

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO OU CIBERACOSO ESCOLAR.


 O centro xa dispón dunha canle dixital de comunicación sobre o acoso escolar, á que se accede a través da páxina web do centro. Tamén xa temos un punto laranxa físico cun buzón para comunicar e denunciar de xeito anónimo calquera situación de posible acoso ou ciberacoso escolar na nosa comunidade educativa.

MERGÚLLATE NA LECTURA: UN GRAN SOÑO


 

11 abr 2024

MUSEO ART DE 1º

 Os nenos e nenas de primeiro, estamos a experimentar coas formas xeométricas.

-Primeiro recoñecémolas e debuxámolas na libreta.

-Fixemos minimundos na aula con elas.

.Creamos un museo: MUSEO ART.

-Deseñamos entradas para invitara os compañeiros e compañeiras de 2º  visitar o museo onde  

falámoslle sobre as obras construidas.


GUITARRA MAKEY-MAKEY

 Traballando coa mestra de música, de 1º EP a 6 EP sobre a guitarra eléctrica Makey Makey e a Microbit.


8 abr 2024

2 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.


Pola visibilidade das persoas con Trastorno Espectro do Autismo( TEA) e a promoción dunha inclusión real e efectiva.

Realizamos ao longo da semana do 2 ao 5 de abril actos de concienciación sobre o TEA.

 Visualizamos curtas, reflexionamos e mostramos a necesidade de continuar mellorando as nosas actitude en  prol da diversidade e inclusión.




CURTAS





3 abr 2024

PRESENTACIÓN OBRADOIROS PROXECTO 6

 

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE PARA PAIS E MESTRES.

 O GARDA CIVIL, JAVIER CANCELAS ESTIVO NA TARDE DE ONTE MARTES, PARA DARNOS UNHA CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE, ESTIVO MOI INTERESENTE E APRENDIMOS MOITAS COUSAS PARA PROTEXER AOS NENOS E NENAS EN RELACIÓN CO PERIGROS DAS REDES SOCIAIS.






1 abr 2024

OS MINIMUNDOS DE PRIMEIRO.

 Os  Minimundos son unha expresión de xogo símbolo libre e estructurado, na que os nenos e nenas representan o mundo a través de escenarios imaxinario a pequena escala, e con varios tipos de materiais.

Son a expresión material da imaxinación e a creatividade do alumnado, e permiten poñer en práctica todo o seu vocabulario, así como desenvolver a psicomotricidade fina, a concentración e a paciencia.

A través desta proposta de aprendizaxe, fomentamos a construcción, a experimentación das xeometrías, o coñecemento do medio, a expresión oral e as habilidades sociais.

Ademais, poñendo título ás súas obras, anotando quen participa, ou facendo textos sobre os mundos que construíron, tamén favorecemos a expresión escrita libre e espontánea.


19 mar 2024

OBRADOIRO SOBRE A RADIO ESCOLAR

 Susana Bastón, xornalista ,licenciada en Ciencias da Educación pola universidade de Madrid  e licenciada en Ciencias Políticas, actualmente da clases na facultade de Ciencias Sociais en Pontevedra impartiu un obradoiro sobre o manexo da radio escolar ao alumnado de 5º e 6º.








16 mar 2024

VISITA DOS MESTRES DO C.E.I.P. DE TIRÁN.

 Esta semana, tres mestres do tiran visitaron o colexio para interesarse como traballamos nos proxectos. Con esta observación, pretenden implantar esta forma de traballo no seu centro escolar.






8 mar 2024

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA 5º E 6º

 Javier, garda civil de Moaña, estivo co alumnado de 5º e 6º, faloulles sobre  a violencia de xénero e do ciberacoso.