UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

1 abr 2024

OS MINIMUNDOS DE PRIMEIRO.

 Os  Minimundos son unha expresión de xogo símbolo libre e estructurado, na que os nenos e nenas representan o mundo a través de escenarios imaxinario a pequena escala, e con varios tipos de materiais.

Son a expresión material da imaxinación e a creatividade do alumnado, e permiten poñer en práctica todo o seu vocabulario, así como desenvolver a psicomotricidade fina, a concentración e a paciencia.

A través desta proposta de aprendizaxe, fomentamos a construcción, a experimentación das xeometrías, o coñecemento do medio, a expresión oral e as habilidades sociais.

Ademais, poñendo título ás súas obras, anotando quen participa, ou facendo textos sobre os mundos que construíron, tamén favorecemos a expresión escrita libre e espontánea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario