UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

22 feb 2019

DÍA DE ROSALÍA


O equipo de EDLG xunto coa biblioteca, como todos os anos, conmemoramos o " Día de Rosalía de Castro" con diversas actividades nas que participaron todos os nenos e nenas do colexio.

-Os alumnos de 6º buscaron cadros famosos aos que lle puxeron a cara de Rosalía e os de 5º fixeron o marco para os devanditos cadros con poemas da escritora.







Todo o alumnado coloreou a cara da autora.







-Tivemos a sorte de contar ca poeta Xulia María e a compositora Sheila Patricia, nai e filla, e veciñas de Sta Cristina de Cobres.





A cantautora Sheila Patricia, encádrase dentro do xénero world music, cunha especial elegancia e sensibilidade; os seus sons adoptan unha tendencia jazz dentro da canción de autor dando cunha nova experiencia. Sheila Patricia acaba de estrear o seu primeiro traballo discográfico “O camiño dos soños”, trátase dun disco gravado en rigoroso directo a piano, batería, guitarra e contrabaixo como base.













Se queredes coñecer o seu novo traballo discográfico, aquí tedes unha pequena mostra:








14 feb 2019

IMPLICA 2

O pasado curso iniciamos en colaboración coa Universidade de Santiago a primeira fase don estudo de investigación "Implica2". Neste curso a Universidade levará a cabo a segunda fase na que centrarémonos no deseño do programa para optimizar as estratexias de implicación familiar, así como da súa avaliación tanto de implementación como de resultados. Para iso levaremos a cabo:

- Unha análise documental de experiencias, na Educación Primaria
- Deseño dun programa para a mellora do rendemento académico baseado na implicación familiar na escola e o perfeccionamento das técnicas de estudo. 
O programa terá tres núcleos fundamentais:

1) Un programa de orientación dirixido ás familias (pais, nais ou titores/ as legais) que constitúe o núcleo central do proxecto.
2) Un programa de formación para el profesorado del último ciclo de la Educación Primaria de los centros seleccionados.
3) Un programa de formación para o alumnado do último ciclo de Educación Primaria, centrado na aprendizaxe de hábitos que fomenten a eficacia dos seus logros académicos como complemento ao dos pais. 







11 feb 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA





Pola esquerda e de arriba a abaixo, Ángela Ruiz Robles, Aida Fernández Ríos, María Wonenburger, Jimena Fernández de la Vega, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño e Elisa Fernández de la Vega.



O acceso ao coñecemento foilles prohibido ás mulleres durante moitos séculos, e aínda así foron moitas as que desafiaron os atrancos do tempo que lles tocou vivir e foron quen de facer avanzar a ciencia. Mulleres sabias como a astrónoma Maria Cunitz (1610-1664), que determinou a posición dos planetas mediante cálculos e corrixiu os erros que cometera Kepler Ada Lovelace (1815-1852), que creou o primeiro algoritmo para ser interpretado por unha máquina, o que lle concedeu o título de primeira programadora do mundo; ou Ellen Swallow Richards (1842-1911), considerada a fundadora da ecoloxía e a enxeñaría ambiental e primeira muller que obtivo un título universitario no MIT, onde foi vetada durante un tempo como profesora porque non se admitían as mulleres nos laboratorios.
Hoxe a lei recoñece na nosa contorna a igualdade das mulleres e dos homes a todos os niveis, pero coma en moitos outros eidos no científico tamén hai fendas que perduran. A educación sexista segue a afastar as mozas das carreiras percibidas como máis tecnolóxicas, como é o caso da informática ou a enxeñería de telecomunicacións, e a discriminación laboral por motivos de xénero tamén deixa pegada neste eido, onde a promoción profesional feminina bate tamén contra o teito de cristal. Co obxectivo de combater estas eivas, a ONU proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha celebración á que o Portal das Palabras se suma lembrando a pioneiras vinculadas a Galicia, dignas da admiración colectiva e fonte de inspiración para as científicas do futuro.



10 feb 2019

VI CERTAME RELATO CURTO




Coma todos os cursos nosos alumnos/as participaron no Certame de Relato Curto.Os obxetivos deste certame, promovido pola FANPA, son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e compresión escrita, estimular o uso do galego e facilitar a posibilidade de publicación dos relatos dos nosos creadores.
Nesta  edición, o noso alumno, Iker Calvo, tivo a sorte de que seu relato fora elixido e publicado no VI Certame Relato Curto.




CHARLAS DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE




Os Programas de Prevención da Asociación *Érguete son unha ferramenta de formación e información, tanto para a poboación máis nova como para as súas familias, que facilitan o fomento dunha educación equilibrada e o recoñecemento de situacións de risco que lles permita actuar acertadamente ou buscar a axuda máis oportuna segundo o caso.

As actuais formas de gozar o lecer, as novas tecnoloxías ou o adianto do proceso  madurativo dos adolescentes son novos retos que xustifican esta intervención, asesorando e facilitando á poboación o acceso aos recursos persoais e sociais necesarios para enfocar estas e outras necesidades de forma acertada e satisfactoria para todos.


Todas as intervenciós foron a cargo da psicológa Noa Pereiro,  e foron dirixidas a os nenos e nenas de 6º de primaria e para as familias. 

Foron varias sesións nas que Noa estivo connosco, e cada cal cun obxetivo:
-Promover a adopción de estilos de vida saúdables entre a poboación, procurando que se reduzca o consumo de drogas e os problemas asociados a elas.
Proporcionar os estudantes/as conductas  e ferramentas que nos axuden a previr e actuar ante os principais riscos asociados o uso das novas tecnolóxias.
-Promover unha maior implicación dos pais nais ou titores como axentes de saúde e fomentar as competencias necesarias para que poidan desenvolver función de forma axeitada.

XOGADE

A campaña  XOGADE( xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir con colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde as idades máis temperás.

Neste curso o alumnado de 5º e 6º de primaria están a participar neste programa con outros colexios da contorna. Nas xornadas de deporte escolar participan en diferentes deportes coma balomán, cross....Esta sendo unha grande oportunidade para coñecer alumnado doutros centros ademais de practicar deporte.



9 feb 2019

SESIÓN DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron na actividade "Primeiros auxilios" levada a cabo por Inés, nai dos alumnos Nicolás e Mario Lago, onde puideron aprender como realizar unha RCP, e a auxiliar en casos de atragantamento ou desvacenementos.
Así mesmo aprenderon o protocolo de evacuación ante calquera tipo de emerxencia.




7 feb 2019

GALEG@RTE DA PAZ


No rincón de  ENDL/BIBLIOTECA, fixemos un mural :
- Frases feitas polo alumnado ded 5º e 6º,  de persoaxes famosos que expresaron a súa opinión para ter un mundo en PAZ 
 -Palabras relacionadas co tema e  feitas polos alumnado de 2º, 4º e 3º de Primaria.
-As mandalas dos nenos e nenas de primeiro.