Os Programas de Prevención da Asociación *Érguete son unha ferramenta de formación e información, tanto para a poboación máis nova como para as súas familias, que facilitan o fomento dunha educación equilibrada e o recoñecemento de situacións de risco que lles permita actuar acertadamente ou buscar a axuda máis oportuna segundo o caso.
As actuais formas de gozar o lecer, as novas tecnoloxías ou o adianto do proceso madurativo dos adolescentes son novos retos que xustifican esta intervención, asesorando e facilitando á poboación o acceso aos recursos persoais e sociais necesarios para enfocar estas e outras necesidades de forma acertada e satisfactoria para todos.
Todas as intervenciós foron a cargo da psicológa Noa Pereiro, e foron dirixidas a os nenos e nenas de 6º de primaria e para as familias.
Foron varias sesións nas que Noa estivo connosco, e cada cal cun obxetivo:
-Promover a adopción de estilos de vida saúdables entre a poboación, procurando que se reduzca o consumo de drogas e os problemas asociados a elas.
Proporcionar os estudantes/as conductas e ferramentas que nos axuden a previr e actuar ante os principais riscos asociados o uso das novas tecnolóxias.
-Promover unha maior implicación dos pais nais ou titores como axentes de saúde e fomentar as competencias necesarias para que poidan desenvolver función de forma axeitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario